Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (843/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 843/2000, por instancia de Manuel Martínez Montes e Manuel Rafael Figueroa Cabral, contra a empresa Hermanos Caride Benavides, S.L. e a empresa Ferrovial Agraman, S.A., sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 22-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Manuel Martínez Montes e Manuel Rafael Figueroa Cabral contra a empresa Hermanos Caride Benavides, S.L. e a empresa Ferrovial Agraman, S.A., debo condenar e condeno a demandada Hermanos Caride Benavides, S.L. a que aboe ós demandantes as cantidades de 605.920 pesetas a Manuel Martínez Montes, e 1.225.909 pesetas a Manuel Rafael Figueroa Cabral por tódolos conceptos reclamados na demanda. Absólvese a empresa Ferrovial Agroman, S.A. dos pedimentos contidos naquela.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente antes este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hermanos Caride Benavides, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de decembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado