Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (174/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 174/2001, por instancia de José Luis Leonardo Fernández, contra a empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda promovida por José Luis Leonardo Fernández, contra a empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 270.657 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágase saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma é empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o cinco de decembro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado