De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente sancionador: Secretaría 156/2001.
Denunciado: Farna Adadil.
DNI/CIF: X1298074.
Último domicilio coñecido: avda. de Fisterra, 4-6º, Carballo.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: quince mil pesetas.
A Coruña, 8 de novembro de 2001.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña