Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 164/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 164/2001.

Denunciado: Manuel y María Celi, S.L.

DNI/CIF: 15545817B.

Último domicilio coñecido: Cristóbal Colón, 40-42, Narón.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cen mil pesetas.

A Coruña, 7 de novembro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña