Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DSENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense), e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, fixándose como data para a toma de posesión o día 15 de febreiro de 2002. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitición no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal como establece o artigo 45 da citada lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, os interesados poderán reclamar ante este servicio na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6 de Ourense, acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no título ou no expediente de concentración, dentro dos sesenta días seguintes á data en que os predios de substitución se poñan á disposición dos participantes para que tomen posesión deles.

As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste aviso.

Asimesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa esbablecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o entregante e o adxudicatario. No caso contrario poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do servicio de Medio Ambiente Natural da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

Ourense, 21 de decembro de 2001.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense