Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica resolución do expediente sancionador Secretaría 114/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 114/2001.

Denunciada: Mª del Carmen Rodríguez Vilasuso.

DNI/CIF: 32592807J.

Último domicilio coñecido: avda. de Algeciras, 62, Neda.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 16 de novembro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña