Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/476).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. Rons.

Situación: Negreira.

Características técnicas: novo tramo da liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 72 m de lonxitude, coa orixe no apoio 14/1000 da derivada que alimenta o C.T. Rons e final no apoio do C.T. Rons.

Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA e tensión de 20/0,330-0,220 kV en Rons,

do que parte rede en R.Z. de 30 m que se conecta á rede existente. Concello de Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións