Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/471).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de liñas M.T. no parque empresarial de Boiro.

Situación: Boiro.

Características técnicas: recuamento de liñas eléctricas no parque empresarial de Boiro, consistente en establecer:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, en dobre sentido, baixo tubo e conductor 2 R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, coa orixe na liña denominada L.M.T. D.C. subestación de Boiro-Boiro, nas inmediacións do parque empresarial, chegando un circuíto ata final do parque e outro ata a metade, derivando a lateral do parque, en lonxitude total de 2.005 m de lonxitude onde pasa á aérea en senllos apoios de formigón.

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-110, de 148 m de lonxitude, coa orixe no apoio de paso subterráneo-aéreo da anterior, denominada L.M.T. a Cabo Cruz, e final no apoio seguinte. Concello de Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións