Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/462).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Martiño de Arriba, Varelas.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 760 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 63 da liña Portodemouros-Melide e final no C.T. San Martiño de Arriba-Varelas, para instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións 15/0,380-0,220 kV, en San Martiño de Arriba-Varelas do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 288 m que se conecta á rede existente no lugar. Concello de Melide.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 23 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 462/2001Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. R.B.T. de Varelas, L.M.T. a C.T. San Martín de VarelasTermo municipal: Melide

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10RioMonte altoManuel Méndez SeijasSan Martiño Varelas, s/n

15826 Melide (A Coruña)

20320

10/1RioPradoManuel Méndez SeijasSan Martiño Varelas, s/n

15826 Melide (A Coruña)

90320

14BuliqueiraPradoAsunción Curros RioSan Martiño Varelas, s/n

15826 Melide (A Coruña)

20200

20Pindeas HuchiñaPradoRpta. José Mª Méndez

Montero

Hrdos. Joaquín Méndez

Iglesias

Santalla de Cañas, s/n

15175 Carral (A Coruña)

œ 4110100