Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de variante de Vilalba, rede primaria básica C-641, clave: N/LU/91.22, termo municipal de Vilalba.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 31 de xullo de 2001 procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras de variante de Vilalba, rede primaria básica C-641, clave: N/LU/91.22, termo municipal de Vilalba, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de setembro de 2001 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a dita obra polo Decreto 230/2001, publicado no DOG nº 191, do 2 de outubro de 2001.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Vilalba.

DíaMesHorasNº parcelas

28XaneiroDas 10 ás 141 a 30 ambos inclusive

28XaneiroDas 16 ás 1931 a 50 ambos inclusive

29XaneiroDas 10 ás 1451 a 80 ambos inclusive

29XaneiroDas 16 ás 1981 a 100 ambos inclusive

30XaneiroDas 10 ás 14101 a 132 ambos inclusive

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Vilalba e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, 70-2º andar) 27071 Lugo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poden facerse acompañar, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 14 de decembro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo