Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Benbrún, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de decembro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Benbrún, S.A.

CIF: A36839108.

Luis Taboada, 27, baixo.

Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente sancionador nº 73/01.

Exercicio: 1998.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA