Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (705/2001).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 705/2001, por instancia de Dolores Barreiro Senra, Cristina Viqueira Iglesias e Patricia Rodríguez Vázquez, contra Ana Estefanía Rodríguez Rodríguez, sobre despedimento. O acto de conciliación e xuízo está sinalado para o vindeiro día 23 de xaneiro de 2002, ás dez horas corenta minutos.

Cítase en única convocatoria a empresa Ana Estefanía Rodríguez Rodríguez, que tivo o seu domicilio na rúa Ponferrada, 8, 1º de Santiago de Compostela, e hoxe en ignorado paradoiro para que, acompañada de tódolos medios de proba dos que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir ó acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese de que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Requírese a mencionada empresa para que presente no acto de xuízo os seguintes documentos: contratos de traballo, nóminas, libro de matrícula, TC1 e TC2 correspondentes ás traballadoras.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Ana Estefanía Rodríguez Rodríguez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado