Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (471/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 471/2001 seguidos por instancia de María del Mar Rial del Río e outros contra Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 12-12-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por María del Mar Rial del Río, Juan Carlos Pérez Muñiz e Manuel Eirís Meijide, contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que lles faga o pagamento ós demandantes nas seguintes cantidades: a María del Mar Rial del Río 173.431 pesetas, a Juan Carlos Pérez Muñiz 296.524 pesetas e a Manuel Eirís Meijide 341.127 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar

xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Juan Montes, 32, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 12 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado