Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (455/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber: que nos autos número 455/2001, seguidos por instancia de José María Taibo Martínez e outro contra Prefabricados Gago, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 11-12-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por José María Taibo Martínez e Manuel García Varela, contra a empresa Prefabricados Gago, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós demandantes nas seguintes cantidades: a José

María Taibo Martínez, 799.689 pesetas e a Manuel García Varela, 770.669 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial sen prexuízo da responsabiliade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sira de notificación a Prefabricados Gago, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Costa de Alvedro, Alvedro-Culleredo, 15180 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado