Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/479).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Subes. Meirama-Ordes.

Situación: Cerceda e Ordes.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, coa orixe na cela da subestación eléctrica de Meirama e que discorrendo por viais da central térmica de Meirama en 725 m, segue polos viais do municipio de Ordes cunha lonxitude de 11.613 m, finalizando na vila de Ordes na liña que alimenta o C.T. Campo da Feira. Concellos de Cerceda e Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 22 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións