Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do día 27 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle na unidade de intervención número 6 (UI-6). Asilo de Carretas, promovido por Awacom.gal, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 275, do día 30 de novembro de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo