Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 19 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de xestión D (UX-D) do Plan especial de reforma interior de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, promovido por Edipromfer, S.L.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión do Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo