Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión do 28 de decembro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do sector A-2 de San Cibrao das Viñas, por instancia da sociedade MAP, S.L., conforme o acordo que trascrito literalmente di:

«Primeiro.-Aproba-lo proxecto de compensación do sector A-2 de San Cibrao das Viñas propiedade de Inversiones y Promociones MAP, S.L., redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia e R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística».

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

San Cibrao das Viñas, 2 de xaneiro de 2002.

José Méndez Grande

Alcalde en funcións