Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2002, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde determinan, en gran medida, a calidade dos servicios sanitarios dispensados ós usuarios.

Neste sentido, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para mellorar e adecuar, pola vía da capacitación dos profesionais, os servicios sanitarios ás demandas dos usuarios.

Para tal fin, xa en anos anteriores foron aprobados e executados, no marco dos acordos de formación continua, os plans de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Os citados plans tiveron un alto grao de participación e aceptación por parte dos profesionais receptores, abranguendo a totalidade das profesións que desenvolven os seus servicios neste organismo.

Xa que logo, cómpre continuar co presente plan na liña de actuación seguida, na procura de completa-los aspectos formativos máis relevantes xa impartidos en anos anteriores e inicia-lo tratamento en materias novas de notoria e notable relevancia no marco da asistencia sanitaria.

Trala creación, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997, da Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), que ten como finalidade primordial a formación continua e o perfeccionamento técnico de todo o persoal do Servicio Galego de Saúde, asinouse entre este organismo e a escola un convenio de colaboración a través do cal a organización, xestión e execución de toda a actividade docente incluída nos plans de formación continua dos anos 1998, 1999, 2000 e 2001 lle correspondeu á escola, reservándose a División de Recursos Humanos a negociación coas organizacións sindicais do contido do plan, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos participantes nos distintos cursos de formación.

Para o presente ano prorrogouse o dito convenio, polo que a Fegas organizará, xestionará e executará tódalas actividades docentes do Plan do ano 2002.

O presente plan foi impulsado no seu deseño e elaboración pola División de Recursos Humanos do Sergas a través do Consello de Formación Continua, composto por representantes do Sergas, da Fegas e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., UXT e CSI-CSIF, asinantes do acordo de formación continua.

Así, tras unha primeira proposta de actividades formativas elaboradas pola Fegas, que foi ratificada polo consello, e escoitadas as comisións de formación de cada centro (nas que tamén están representadas as ditas organizacións sindicais), someteuse o conxunto do plan á consideración do Consello de Formación Continua do Sergas, quen emitiu informe favorable sobre el, por unanimidade, para a súa remisión e pos

terior aprobación polo Ministerio para as Administracións Públicas.

Por outra parte, no seo do dito consello acordouse, tamén, coa finalidade de acadar unha maior racionalidade na confección do calendario docente, desenvolvendo as actividades incluídas no plan no maior número de meses factible, proceder á súa convocatoria o máis axiña posible.

Por todo isto e coa finalidade de darlle á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, a División de Recursos Humanos, logo do informe das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF, xunto coa Escola Galega de Administración Sanitaria, resolven facer pública a convocatoria para participar nos cursos que conforman o Plan de Formación Continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 2002 e que figuran no anexo a esta resolución, que deberá resolverse conforme as seguintes

Bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e que cumpra os requisitos esixidos para cada curso.

Segunda.-Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la solicitude cuberta no modelo normalizado, que se poderá recoller nos servicios de recursos humanos das institucións sanitarias do Sergas e na que constará, necesariamente, o informe expedido polo director da área correspondente ou persoa na que delegue da institución sanitaria da que dependa. A antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde serán acreditados mediante certificación ou certificacións totalizadas en días, que serán expedidas polo centro de xestión no que o solicitante estea prestando os seus servicios.

II. O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:

a) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade con anterioridade ó día 31 de xullo de 2002, o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 13 de febreiro de 2002.

b) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade a partir do día 1 de setembro de 2002, o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2002.

III. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso. Non obstante, de opta-lo aspirante por presenta-la dita documentación noutra institución de conformidade co artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a institución receptora remitiralle a dita documentación ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso solicitado.

Terceira.-Selección.

I. Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a continuación se

relacionan, agás que se establezan outro criterio ou criterios específicos para aqueles cursos nos que así se especifique expresamente no anexo á presente resolución:

1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso.

Os solicitantes que non cumpran este requisito serán automaticamente excluídos. Igualmente serán excluídos os solicitantes que xa fixeran o mesmo curso en edicións anteriores.

2. De existiren máis solicitudes ca prazas, terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes ca prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou con vínculo de duración superior a un ano e, en segundo lugar, os profesionais con nomeamento ou contrato temporal vixente na data de publicación desta resolución.

4. De existir, aínda, un número maior de solicitudes ca prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

III. Nas institucións sanitarias responsables da execución das correspondentes accións formativas procederase á constitución dunha comisión paritaria de baremación das solicitudes presentadas, na que estarán presentes representantes da institución e das centrais sindicais asinantes do plan.

Cuarta.-Publicación das listas de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e trala baremación correspondente, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e nos de tódolos centros de xestión, tanto de atención primaria como de atención especializada, as listas de aspirantes admitidos.

Quinta.-Certificación de asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Calquera inasistencia non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas documentalmente e que, en ningún caso, poderá supera-lo 15% das horas lectivas.

O dito certificado ou diploma acreditativo será expedido pola Escola Galega de Administración Sanitaria.

Sexta.-Modificacións.

I. A Escola Galega de Administración Sanitaria poderá modifica-los contidos e desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Así mesmo, as datas e horarios previstos no anexo para cada unha das actividades formativas poderán ser modificadas por cuestións organizativas. En tal suposto, notificarase o cambio de xeito individual ós participantes seleccionados con anterioridade ó comezo do curso.

II. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a División de Recursos Humanos e a Escola Galega de Administración Sanitaria reservarán para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sétima.-Medios materiais.

Os distintos centros de atención primaria e especializada do Sergas nos que se impartan as actividades incluídas no presente plan deberán proporcionarlle á Fegas as aulas, co equipamento de medios audiovisuais axeitados para a actividade de que se trate.

Igualmente, será por conta dos centros o aseguramento e a responsabilidade civil derivada da realización neles dos distintos cursos incluídos no presente plan.

Oitava.-Financiamento.

En razón dos fondos cos que se financian estas accións formativas, a súa realización efectiva está condicionada á aprobación definitiva e á súa transferencia por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2002.

Valeriano Martínez García Javier Bouzada Romero

Director xeral da División deDirector da Escola Galega

Recursos Humanos do Sergasde Administración Sanitaria

ANEXO

A) Cursos comúns a distintas categorías de persoal.

1. Prevención de riscos laborais.

Nº de edicións: 7.

Nº de prazas por edición: 40.

Nº de horas por edición: 10.

Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención primaria. 2º) Traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención especializada. 2º) Traballadores do Sergas de atención primaria.

Obxectivos: formar en conceptos básicos e en lexislación de prevención de riscos laborais. Sensibiliza-los traballadores en prevención de riscos. Divulga-la política preventiva do Sergas. Informar das actividades preventivas levadas a cabo no Sergas. Cumprir cos principios e obxectivos do Plan xeral de prevención

de riscos laborais. Cumprir coa lexislación vixente en materia de formación a traballadores e delegados de prevención.

Contidos: conceptos básicos en prevención de riscos laborais. Sistema de xestión da prevención de riscos laborais. Lei 31/1995 de P.R.L., R.D. 39/1997 e lexislación aplicable ó Sergas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Metodoloxía de avaliación de riscos no Sergas.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6501Hospital Comarcal de Valdeorras4, 5, 6 de xuño17-20

6502Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Novoa Santos

4, 5, 6 de xuño17-20

6503Hospital da Costa (Burela)11, 12, 13 de xuño17-20

6504Xerencia de Atención Primaria de

Santiago de Compostela

11, 12, 13 de xuño17-20

6505Xerencia de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

23, 24, 25 de setembro17-20

6506Complexo Hospitalario Xeral-Calde23, 24, 25 de setembro17-20

6507Complexo Hospitalario de Ourense25, 26, 27 de novembro17-20

2. Análise e solución de problemas. Toma de decisións.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 16.

Destinatarios: persoal de tódalas áreas de atención primaria e especializada con necesidade no seu día a día de analizar problemas e tomar decisións.

Obxectivos: identificación e descrición específica dos problemas e/ou conxuntos de problemas ós que deben enfrontarse de forma cotiá no traballo. Adapta-las súas necesidades e practica-la metodoloxía, ferramentas e técnicas máis apropiadas para optimiza-lo proceso completo de solución de problemas e de toma de decisións.

Contidos: os problemas cotiáns. O traballo en equipo. ¿Usamos algún tipo de análise? ¿Como decidimos?. A metodoloxía de análise: problemas e situacións. Técnicas e ferramentas para a toma de decisións.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6508

Complexo Hospitalario de Pontevedra4, 5, 6, 7 de marzo16.30-20.30

3. A xestión do estrés.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 24.

Destinatarios: médicos, enfermeiras, auxiliares de enfermería, persoal de servicios xerais e celadores.

Obxectivos: identifica-los factores estresantes na vida dunha persoa. Analiza-los efectos do estrés no ser humano. Identifica-los recursos da persoa para o afrontamento eficaz das situacións estresantes. Adquirir habilidades no emprego de recursos para xestionar saudablemente as causas que xeran estrés no ámbito laboral, familiar e social. Valora-lo cambio de actitudes conducentes a desenvolver estilos de vida saudables.

Contidos: concepto de estrés e tipos de estrés. Síndrome xeral de adaptación e as súas fases. Efectos

da activación do eixe adrenal hipofisario e do eixe neuroendócrino como resposta a unha situación de estrés. Manifestacións para identifica-lo estrés e efectos do estrés no ser humano. Relación do estrés coa saúde e cos procesos patolóxicos. Factores estresantes no ámbito laboral, familiar e persoal. Formas de afrontamento e a súa efectividade. Características das persoas que xestionan o seu estrés saudablemente. Plan de xestión do estrés.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6509Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

27, 28, 29, 30, 31 de maio16-21

6510Xerencia de Atención Primaria de Lugo21, 22, 23, 24, 25 de outub.16-21

4. Cómo transmitir noticias en situacións críticas.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 24.

Destinatarios: médicos, enfermeiras, auxiliares de enfermería, persoal de servicios xerais, celadores.

Obxectivos: analizar qué sucede cando temos que transmitir información nunha situación crítica. Aprender a xestiona-las emocións que poden xurdir durante a interacción. Facilita-la compresión respecto ás técnicas idóneas de comunicación para transmiti-la información de forma adecuada. Aumentar capacidades persoais para afrontar situacións adversas. Detectar e avaliar se a dinámica e os recursos empregados foron os axeitados.

Contidos: natureza da situación crítica: valores e crenzas. Análise do comportamento diante dunha situación crítica. Estructura da personalidade e interaccións. Xestión das emocións. Fundamentos da comunicación humana. Técnicas e recursos. Conducta terapéutica. Avaliación da dinámica seguida.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6511Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

15, 16, 17, 18, 19 de abril16-21

6512Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

20, 21, 22, 23, 24 de maio16-21

6513Xerencia de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

14, 15, 16, 17, 18 de outub.16-21

5. As tarefas de mantemento e a súa contribución á minimización de riscos microbiolóxicos.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: responsables de mantemento, profesionais de enfermería dedicados a tarefas de minimización de riscos microbiolóxicos, unidade de prevención de riscos laborais.

Obxectivos: consideracións sobre os principais factores de risco microbiolóxicos nos hospitais e análise das medidas de mantemento que contribúen á súa prevención e control.

Contidos: conceptos xerais dos riscos microbiolóxicos nos hospitais e a súa incidencia sobre infección nosocomial. A importancia das tarefas de mantemento na prevención da infección nosocomial. Guías de pro

cedementos de prevención e control de enfermidades transmisibles no medio hospitalario: plan DDD, plan de xestión de residuos, plan de limpeza, control da tuberculose, control de calidade da auga.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6514Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos20, 21, 22, 23 de maio16-21

6515Complexo Hospitalario Xeral-Cíes14, 15, 16, 17 de outubro16-21

6. Control e tratamento de residuos hospitalarios.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal da área de hospitalización, que teña relación co tratamento, illamento e evacuación dos residuos hospitalarios.

Obxectivos: coñece-la normativa vixente que se dá ó tratamento dos residuos hospitalarios en España. Analiza-lo trato dos residuos hospitalarios segundo os proxectos de diferentes países e comparalos cos españois.

Contidos: módulo I: Introducción e obxectivos. Marco legal español. Marco legal europeo. Clasificación de residuos. Tipos de xestión. Módulo II: proceso e tratamento. Simplificación de procesos. Proxectos de simplificación. Alternativas de simplificación. Módulo III: residuos urbanos. Residuos hospitalarios. Residuos radioactivos. Clasificación de residuos hospitalarios. Módulo IV: separación de residuos. Tratamento de residuos. Vertedoiros controlados. Incineradoras. Módulo V: esterilización. Desinfección. Radiación microondas. Reciclaxe. Módulo VI: accións preventivas. Accións alternativas. Accións formativas. Seguimento e control.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6516Hospital do Meixoeiro11, 12, 13, 14 de marzo16-21

6517Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos15, 16, 17, 18 de abril16-21

6518Hospital Comarcal de Monforte de Lemos13, 14, 15, 16 de maio16-21

7. Xestión de persoal e nóminas.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: mandos intermedios sanitarios e non sanitarios.

Contidos: situacións administrativas. Selección fixa e temporal. Vinculacións. Xestión de nóminas. Obrigas sociais. Acordo de concertación. Xestión de cadros de persoal.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6519Complexo Hospitalario Xeral-Calde4, 5, 6, 7, 11, 12 de marzo16-21

6520Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela24, 25, 26 de setembro e 1, 2, 3 de outubro16-21

8. Taller sobre xestión de xornada laboral.

Nº de edicións: 6.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 8.

Destinatarios: supervisores e mandos intermedios non sanitarios.

Contidos: supostos prácticos de xestión de carteleiras e xornada.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6521Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

20, 21 de marzo16.30-20.30

6522Hospital do Meixoeiro9, 10 de abril16.30-20.30

6523Complexo Hospitalario de

Pontevedra

14, 15 de maio16.30-20.30

6524Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

5, 6 de xuño16.30-20.30

6525Hospital da Costa (Burela)8, 9 de outubro16.30-20.30

6526Complexo Hospitalario de Ourense13, 14 de novembro16.30-20.30

9. Integración sociolaboral de persoas discapacitadas.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: 1º) Delegados de prevención. 2º) Traballadores en xeral.

Obxectivos: formar especificamente a delegados de prevención e traballadores en xeral.

Contidos: nocións básicas: deficiencia, discapacidade e minusvalidez. Lei 31/1995. Competencias e facultades dos servicios de prevención. Comités de seguridade e saúde e delegados de prevención. Política en materia de prevención de riscos laborais: protección de traballos sensibles a determinados riscos. Resposta da lei desde o mundo da discapacidade. Actuacións inmediatas e modelos: enfoque integral da prevención, avaliación de risco e do posto de traballo. Adecuación dos postos de traballo. Ergonomía. Definición e conceptos xerais. Deseño dos postos de traballo. Criterios básicos de intervención. Accesibilidade dos postos de traballo. Eliminación de barreiras arquitectónicas. Avaliación de factores ambientais.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6527Hospital Nicolás Peña16, 17, 18, 23, 24, 25 de abril16-21

B) Cursos para persoal sanitario.

10. A relación médico paciente.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: médicos de atención primaria e especializada.

Obxectivos: desenvolver unha técnica de entrevista que facilite a compresión global do paciente na práctica clínica. Sensibilizar sobre a conducta sistematizada nas situacións difíciles, que reduza o desgaste profesional que ocasiona.

Contidos: marco xeral da entrevista clínica. Características do entrevistador. A negociación: técnicas,

dominio do clima, elementos da relación asistencial que inflúen na negociación, o proceso de consello educativo. Relacións e situacións difíciles na consulta. O paciente agresivo.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6528Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Pontevedra)

11, 12, 13, 14 de marzo16-21

6529Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)

8, 9, 10, 11 de abril16-21

6530Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Novoa Santos

21, 22, 23, 24 de outubro16-21

11. Básico de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 35.

Destinatarios: auxiliares de enfermería de atención especializada.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto ó rol e función do auxiliar de enfermería dentro do equipo de saúde. Humaniza-las relacións interpersoais, favorecendo o crecemento e o desenvolvemento persoal. Detectar e conectar coas áreas que proporcionan motivación e satisfacción na práctica específica desenvolta polo auxiliar de enfermería. Desenvolve-las capacidades clave do auxiliar de enfermería.

Contidos: módulo I: clarificación do rol e función do auxiliar de enfermería. Módulo II: o coñecemento dun mesmo e a dinámica de interrelación con outras persoas. Módulo III: motivación e necesidades humanas. A conducta humana no seo do equipo de saúde. Cobertura de necesidades a través da conducta. Módulo IV: capacidades clave do auxiliar de enfermería (contacto humano e relación, tecnoloxía e seguridade, calidade no contacto físico, comportamentos éticos, resolución de problemas).

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6531Complexo Hospitalario Xeral-Calde10, 11, 12, 13 de xuño9-13 e

14.15-18.45

12. Avanzado de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería.

Nº de edicións: 7.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 35.

Destinatarios: auxiliares de enfermería de atención especializada.

Condición indispensable: ter superado o curso básico de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto ó rol e función do auxiliar de enfermería dentro do equipo de saúde. Humaniza-las relacións interpersoais, favorecendo o crecemento e o desenvolvemento persoal. Detectar e conectar coas áreas que proporcionan

motivación e satisfacción na práctica específica desenvolta polo auxiliar de enfermería. Desenvolve-las capacidades clave do auxiliar de enfermería.

Contidos: módulo I: clarificación e funcións do rol do auxiliar de enfermería dentro do equipo de saúde. Módulo II: comunicación: coñecemento e funcionamento da estructura da personalidade, como ferramenta básica para a resolución de problemas e o acompañamento. Exercicios teórico-prácticos. Módulo III: recoñecemento: desenvolvemento para o bo contacto a nivel de relación. Exercicios teórico-prácticos. Capacidades clave para a axuda.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6532Complexo Hospitalario Xeral-Cíes11, 12, 13, 14 de marzo9-13 e

14.15-19

6533Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

22, 23, 24, 25 de abril9-13 e

14.15-19

6534Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

20, 21, 22, 23 de maio9-13 e

14.15-19

6535Complexo Hospitalario de Ourense27, 28, 29, 30 de maio9-13 e

14.15-19

6536Hospital do Meixoeiro3, 4, 5, 6 de xuño9-13 e

14.15-19

6537Hospital da Costa (Burela)23, 24, 25, 26

de setembro

9-13 e

14.15-19

6538Hospital Comarcal de Valdeorras30 de setembro e 1, 2, 3, 4, 7, 8 de outubro16-21

13. Actualización de protocolos clínicos na área de urxencias.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: facultativos especialistas de atención especializada.

Obxectivos: proporciona-los coñecementos e habilidades que permitan ós participantes a elaboración e/ou aplicación de guías de práctica clínica na mellora da calidade asistencial.

Contidos: desenvolvemento de guías de práctica clínica. Estratexias de implantación. Avaliación e mellora continua.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6539Complexo Hospitalario Xeral-Cíes8, 9, 10, 11 de abril16-21

14. Atención á muller no climaterio en atención primaria.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: médicos, persoal de enfermería e matronas de atención primaria.

Obxectivos: axuda-los profesionais sanitarios e, a través deles, as usuarias, a selecciona-las opcións diagnósticas e terapéuticas máis axeitadas neste tema, baseándose na evidencia científica existente ata o momento.

Contidos: introducción. Definicións. Descrición dos fenómenos clínico-biolóxicos utilizados para a carac

terización do estado biolóxico da menopausa: uso axeitado. Diagnóstico da menopausa. Osteoporose e densiometría ósea.

Intervencións preventivo-terapéuticas: beneficios e riscos. Medidas xerais. Terapia hormonal substitutiva. Outros tratamentos.

Actuación en grupos potencialmente beneficiarios de intervencións terapéuticas.

Mulleres con síntomas climatéricos moderados ou graves.

Mulleres con histerectomía.

Mulleres con menopausa precoz.

Mulleres con cardiopatía isquémica.

Mulleres con osteoporose.

Mulleres con risco de cancro de endometrio.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6540Xerencia de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

15, 16, 17, 18 de abril16-21

15. Bioética asistencial.

Nº de edicións: 5.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal sanitario do Sergas (medicina, enfermería, farmacia) de atención primaria e especializada.

Obxectivos: adquirir coñecementos sobre autores, escolas e teorías de bioética. Adquirir habilidades para o estudio e resolución de casos prácticos de bioética. Promover actitudes que favorezan a implantación da bioética clínica.

Contidos: desenvolvemento da bioética. Fundamentos da bioética. Problemas éticos relacionados coa orixe e o final da vida. Ética da investigación e publicación científica. Comités de bioética clínica. Bioética clínica. Análise de casos prácticos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6541Complexo Hospitalario

de Pontevedra

8, 9, 10, 11 de abril16-21

6542Complexo Hospitalario Xeral-Cíes3, 4, 5, 6 de xuño16-21

6543Xerencia de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol (Área da Coruña)

14, 15, 16, 17 de octubre16-21

6544Hospital do Meixoeiro4, 5, 6, 7 de novembro16-21

6545Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

11, 12, 13, 14 de novembro16-21

16. Calidade a través de xestión das axendas.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: médicos, pediatras e persoal de enfermería de atención primaria.

Obxectivos: adecuada organización das actividades asistenciais que permita a súa integración, co fin de garanti-la accesibilidade do usuario e o desempeño correcto das tarefas dos profesionais.

Contidos:

Axenda de calidade. Compoñentes. Razóns.

Conceptos dentro da axenda: Programada. Demanda. Urxente. Urxencias.

Análise da propia axenda.

Límites e condicionantes para o cambio.

Montaxe dunha axenda de calidade.

Rexistros da monitorización da axenda.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6546Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

22, 23, 24, 25 de abril16-21

17. Calidade asistencial.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 10.

Destinatarios: persoal sanitario do Sergas.

Obxectivos: actualización do coñecemento e da metodoloxía de xestión da calidade no Sergas. Mellora-las habilidades de xestión dos procesos de calidade nos diversos centros de atención primaria e de atención especializada no Sergas. Práctica simulada da metodoloxía de xestión na calidade no Sergas.

Contidos: os modelos de xestión da calidade (ISO, modelo europeo de xestión da excelencia, etc.). O modelo de autoavaliación. O modelo europeo de excelencia empresarial.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6547Hospital Comarcal de Valdeorras12, 13, 14 de marzo17-20.30

18. Coidados integrais na atención domiciliaria.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: enfermeiras e matronas.

Obxectivos: fomenta-la importancia e repercusión do traballo en equipo nos coidados a domicilio. Facilita-los coñecementos para utilizar unha metodoloxía e estratexia no desenvolvemento dos programas de atención a domicilio.

Contidos: bases conceptuais e metodolóxicas da atención. O papel do equipo multidisciplinar nos coidados a domicilio. Criterios metodolóxicos esenciais no desenvolvemento da atención domiciliaria. Organización loxística da atención domiciliaria. O proceso de coidados a domicilio: estandarización, individualización. Criterios e metodoloxía para o seguimento e avaliación dos coidados a domicilio.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6548Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)

22, 23, 24, 25 de abril16-21

6549Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Pontevedra)

10, 11, 12, 13 de xuño16-21

19. Comunicación científica en enfermería.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras, matronas, fisioterapeutas, logopedias e terapeutas ocupacionais de ámbolos dous niveis asistenciais.

Obxectivos: desenvolver habilidades no manexo dos elementos relacionados coa comunicación científica.

Contidos: bases conceptuais da comunicación científica. Aspectos éticos. O proceso editorial. As normas de uniformidade para as publicacións biomédicas. Revisión bibliográfica. Xestión de bases documentais bibliográficas. Tipos de artigos científicos. Estructura e características. Redacción científica. Elaboración de abstract. Elaboración de comunicacións e relatorios. Elaboración e deseño de carteis.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6550Hospital Comarcal de Valdeorras11, 12, 13, 18, 19, 20

de xuño

16-21

20. Consello en lactación materna.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 12.

Destinatarios: matronas, pediatras e persoal de enfermería de atención primaria encargados dos coidados das nais e dos nenos nos centros de saúde.

Obxectivos: promove-la lactación materna, mediante a achega ós profesionais da saúde de atención primaria das ferramentas necesarias para que desenvolvan as habilidades requiridas para apoiar prácticas óptimas de lactación materna e que axuden ás nais a supera-las dificultades.

Contidos: introducción: beneficios da lactación materna. Cómo funciona a lactación materna. Situación actual. Cómo obter unha historia clínica de lactación: cómo escoitar e aprender. Exame das mamas. Cómo valorar unha toma. Afección das mamas en relación coa lactación. Consello: cómo coloca-lo bebé no peito. Cándo e cánto tempo da-lo peito. Extracción do leite materno. Cómo reforza-la confianza e dar apoio á nai. Qué aconsellar nas distintas situacións: o bebé non quere mamar, aumento escaso de peso, "Non teño suficiente leite", baixo peso ó nacer, hiperbilirrubinemia no neonato san, bebés enfermos, diarrea aguda, etc. Cómo mante-la lactación. Cómo cambia-las prácticas incorrectas. Anticoncepción no período de lactación. Grupos de apoio á lactación.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6551Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

5, 6, 7 de marzo16.30-20.30

21. Control da anticoagulación oral en atención primaria.

Nº de edicións: 6.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: médicos e persoal de enfermería de atención primaria.

Obxectivos: actualiza-los coñecementos dos profesionais sanitarios de atención primaria no control dos pacientes a tratamento con anticoagulantes orais, ante a incorporación de novos sistemas de determinación dos parámetros de seguimento, que permita unha maior capacidade resolutiva neste nivel asistencial

Contidos: introducción: anticoagulantes orais. Interaccións. Indicacións actuais de anticoagulación oral. INR. Métodos actuais de determinación do INR: vantaxes e inconvenientes de cada método. Fiabilidade e validación. Control da anticoagulación oral en atención primaria: experiencias previas: situación noutras comunidades autónomas e noutros países. Determinación do INR mediante coagulómetros. Organización da consulta. Coordinación co servicio de hematoloxía: indicacións, seguimento e criterios de derivación. Programas informáticos asociados.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6552Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)

11, 12, 13, 14 de marzo16-21

6553Xerencia de Atención Primaria de

Santiago de Compostela

15, 16, 17, 18 de abril16-21

6554Xerencia de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol (Área da Coruña)

6, 7, 8, 9 de maio16-21

6555Xerencia de Atención Primaria

de Lugo

13, 14, 15, 16 de maio16-21

6556Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

7, 8, 9, 10 de outubro16-21

6557Xerencia de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo (Área de Pontevedra)

21, 22, 23, 24 de outubro16-21

22. Cronoloxía de planificación de coidados e a súa relación cos GRDs.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 15.

Destinatarios: 1º) Supervisores de enfermería 2º) Enfermeiras, matronas e fisioterapeutas de atención especializada.

Obxectivos: proporcionar coñecementos sobre o sistema de asignación dos GRDs e a súa utilización. Capacita-lo profesional sobre a cronoloxía do proceso de planificación e a relación das súas fases cos GRDs médicos.

Contidos: definición de GRD. Sistema de asignación. Utilización dos GRDs. Definición e cronoloxía do proceso de coidados. Fases cronolóxicas do proceso de coidados e a súa relación cos GRDs.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6558Hospital do Meixoeiro13, 14, 15 de maio16-21

23. Deseño e implantación de protocolos clínicos baseados na evidencia.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: facultativos especialistas de atención especializada.

Obxectivos: proporciona-los coñecementos e habilidades que permitan ós participantes a elaboración e/ou aplicación de guías de práctica clínica na mellora da calidade asistencial.

Contidos: identificación e priorización de necesidades asistenciais. Desenvolvemento de guías de práctica clínica. Estratexias de implantación. Avaliación e mellora continua.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6559Hospital da Costa (Burela)20, 21, 22, 23, 24 de maio16-21

6560Complexo Hospitalario Xeral-Calde27, 28, 29, 30, 31 de maio16-21

24. Ecografía en atención primaria.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 15.

Destinatarios: médicos de atención primaria.

Obxectivos: obter uns coñecementos básicos nesta técnica diagnóstica por imaxe que permita unha maior resolución neste nivel asistencial.

Contidos: fundamentos da ecografía. Funcionamento dun ecógrafo. Ecografía abdominal. Ecografía das vías urinarias. Ecografía xinecolóxica. Ecografía para o seguimento do embarazo en atención primaria. Outras aplicacións.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6561Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

20, 21, 22 de marzo16-21

25. Intervencións terapéuticas nos enfermos con ACV.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: fisioterapeutas de atención primaria e atención especializada, logopedias e terapeutas ocupacionais.

Obxectivos: impulsa-la coordinación do coidado integral das persoas con diagnóstico médico de ACV.

Contidos: accidente cerebro-vascular: concepto. Etioloxía e factores desencadeantes. Indicacións médicas de tratamentos terapéuticos. Cronoloxía das intervencións de fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional. Pautas de valoración. Complicacións potenciais. Seguimento e valoración das distintas intervencións.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6562Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

23, 24, 25, 26, 27 de setembro16-21

6563Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

21, 22, 23, 24, 25 de outubro16-21

26. Laboratorio clínico: metodoloxía organizativa.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: técnicos especialistas de laboratorio.

Obxectivos: actualización e ampliación de coñecementos en relación coas diferentes técnicas que se realizan en laboratorios clínicos.

Contidos: organización do laboratorio. Recepción, manipulación e conservación de mostras, circuítos de mantemento do material. Técnicas automatizadas e manuais. Controis de calidade. Microscopio: manexo de coidados. Técnicas hematolóxicas.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6564Complexo Hospitalario Xeral-Calde13, 14, 15, 21, 22, 23

de maio

16-21

27. Metodoloxía dos coidados obstétrico-xinecolóxicos.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras especialistas en obstetricia e xinecoloxía (matronas) de atención primaria e especializada.

Obxectivos: impulsa-la coordinación e continuidade de coidados obstétrico-xinecolóxicos entre os profesionais de ámbolos dous niveis asistenciais.

Contidos: a planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos. Rexistros e protocolos de actuación. Teorías e modelos de coidados. Educación para a saúde na muller. Coidados e autocoidados da muller xestante. Educación maternal, métodos. A lactación. Coidados do neonato.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6565Complexo Hospitalario de Pontevedra11, 12, 13, 14, 20, 21

de marzo

16-21

28. Metodoloxía para a implantación dos programas de calidade de coidados.

Nº de edicións: 5.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: enfermeiras, matronas e auxiliares de enfermería de atención primaria e especializada.

Obxectivos: promove-la posta en marcha dos programas de calidade de coidados. Capacita-los profesionais para a implantación e desenvolvemento dos programas de calidade. Facilita-los profesionais os coñecementos para definir criterios de seguimento e avaliación dos programas de calidade.

Contidos: concepto e definición da calidade. Definición de procesos. Implantación de programas. Metodoloxía de avaliación da calidade. Identificación e priorización de problemas. Análise, estructura e proceso de control de calidade. Monitorización de datos. Avaliación de resultados.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6566Hospital da Costa (Burela)4, 5, 6, 7, 8 de marzo16-21

6567Complexo Hospitalario de Ourense8, 9, 10, 11, 12 de abril16-21

6568Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

15, 16, 17, 18, 19 de abril16-21

6569Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Novoa Santos

6, 7, 8, 9, 10 de maio16-21

6570Complexo Hospitalario

de Pontevedra

10, 11, 12, 13, 14 de xuño16-21

29. O proceso de planificación de coidados de enfermería en atención primaria.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: enfermeiras e matronas de atención primaria.

Obxectivos: actualizar os coñecementos sobre a metodoloxía, estructura e contido do proceso de coidados. Proporcionar información sobre as diferentes teorías e modelos de coidados e a súa utilización na atención primaria.

Contidos: o proceso de atención de enfermería. Teorías e modelos. Etapas da planificación: valoración, análise información, organización e proceso de datos. Os problemas do enfermo como base do plan de coidados: definición, obxectivos e accións de enfermería. Execución e retroalimentación continua do proceso de planificación.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6571Xerencia de Atención Primaria de Lugo23, 24, 25, 26

de setembro

16-21

30. Planificación de coidados de enfermería.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras e matronas das unidades de hospitalización. Outras enfermeiras e matronas de atención especializada e atención primaria.

Obxectivos: mellora-las habilidades para a aplicación dunha metodoloxía científica no proceso integral dos coidados de enfermería.

Contidos: teorías, tendencias e modelos conceptuais de enfermería na aplicación dos coidados. Estandarización dos coidados. Estructura da planificación dos coidados. Definición de problemas dependentes e interdependentes. Criterios de priorización. Técnicas de obtención de datos. Informe de enfermería á alta. Sistema para a súa coordinación. Metodoloxía para o seguimento e avaliación do proceso de planificación. A informatización dos coidados.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6572Complexo Hospitalario Xeral-Calde11, 12, 13, 14 de marzo10-14 e

16.30-20

6573Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela

23, 24, 25, 26

de setembro

10-14 e

16.30-20

6574Complexo Hospitalario

de Pontevedra

4, 5, 6, 7 de novembro10-14 e

16.30-20

31. Sistemas de rexistro clínico en atención primaria.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: pediatras, médicos e persoal de enfermería de atención primaria.

Obxectivos: unifica-los criterios de formalización dos sistemas de rexistro en atención primaria e coñece-la legalidade vixente en relación con eles.

Contidos: importancia e utilidade dos rexistros en atención primaria. Historia clínica en atención primaria. Documentos normalizados da historia clínica e a súa formalización. Arquivo e circulación da HCAP nas unidades. Aspectos legais relacionados coa historia clínica: legalidade vixente estatal e autonómica, conservación e arquivo, acceso e confidencialidade, informes médicos. Consentimento informado. Ficheiro epidemiolóxico. Outros rexistros: documento de consentimento informado, rexistros de vacinas, etc.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6575Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

20, 21, 22, 23 de maio16-21

6576Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

3, 4, 5, 6 de xuño16-21

32. Xestión clínica.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: facultativos especialistas de atención especializada.

Obxectivos: desenvolvemento de áreas de xestión clínica.

Contidos: a xestión clínica, xeneralidades. Análise de situación. Modelos organizativos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6577Complexo Hospitalario

de Pontevedra

13, 14, 15, 16 de maio16-21

6578Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Novoa Santos

3, 4, 5, 6 de xuño16-21

6579Hospital Comarcal de Valdeorras23, 24, 25, 26

de setembro

16-21

33. A xestión da dor.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 24.

Destinatarios: médicos, enfermeiras, fisioterapeutas e profesionais de atención primaria e especializada

relacionados co soporte e/ou tratamento de persoas con dor.

Obxectivos: analiza-las ideas e actitudes existentes en diferentes culturas sobre a dor. Identificar e analiza-las propias crenzas e actitudes respecto á dor e cómo estas actúan a nivel do comportamento. Analiza-la natureza da dor. Percibi-la importancia dun enfoque global na atención ó persoal que experimenta dor. Desenvolver habilidades na aplicación de procedementos ou técnicas non invasoras de abordaxe da dor. Actualizar coñecementos respecto ó tratamento farmacolóxico da dor. Desenvolver habilidades no manexo da relación de axuda co persoal que experimenta dor e a súa familia. Comprende-la fisioloxía da dor. Comprende-las diferentes teorías sobre a dor e a súa influencia en canto á abordaxe do tratamento da dor. Identificar e analiza-las diferencias existentes entre analxesia e sedación. Desenvolver habilidades na aplicación de instrumentos para elaboración da dor. Actualizar coñecementos respecto á dor en nenos, adultos, anciáns e persoas con patoloxías como o cancro, SIDA,

toxicomanía, etc.

Contidos: a dor: definicións e clasificacións, fisioloxía da dor (diferentes teorías), neuroquímica funcional da dor. Implicacións da dor na saúde e a vida do ser humano: a natureza da dor; a dor como sinal de alarma; influencia dos pensamentos, sentimentos e comportamentos na resposta da dor; a dor nas diferentes culturas. Instrumentos de medida para a valoración da dor. Aproximación á tecnoloxía da abordaxe da dor: revisión farmacolóxica, manexo práctico dos analxésicos, sistemas implantables no tratamento da dor, métodos físicos, concepto de analxésico, anestesia e reanimación. A persoa con dor. Mobilización de recursos para afrontar e integra-la experiencia. A dor na infancia, na terceira idade e en determinados procesos patolóxicos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6580Complexo Hospitalario de Ourense12, 13, 14 de marzo9-13 e

14.15-18.15

6581Complexo Hospitalario

de Pontevedra

28, 29, 30 de maio9-13 e

14.15-18.15

34. Enfermería clínica e relación de axuda.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 160.

Destinatarios: por orde prioritaria: enfermeiras e matronas de unidades de hospitalización. Outras enfermeiras de atención especializada.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto á natureza das prestacións de enfermería. Clarifica-lo rol profesional a partir de coñecementos científicos avanzados. Determinar e defini-los campos de acción na práctica profesional. Defini-los ámbitos e niveis específicos da práctica da profesión, tendo en conta os aspectos económicos, sociais e sanitarios. Potenciar procesos de desenvolvemento persoal e profesional conducentes a desempeñar un rol profesional máis adaptado ás necesidades dos sistemas de saúde. Capa

cita-lo profesional de enfermería, mediante a relación de axuda, para adquirir consciencia do valor que ten a reducción do gasto nas prestacións de enfermería, diminuí-los custos e aumenta-la eficiencia dos equipos. Capacita-lo profesional de enfermería para o desenvolvemento de estándares na mellora da calidade nas prestacións de enfermería.

Contidos: módulo I: sociedade, cultura e educación. Sistemas de saúde. Sistemas de persoal de saúde. Incidencia nas prestacións de saúde, de enfermería e na saúde da poboación. Módulo II: xénese e natureza da profesión de enfermería. As prestacións de enfermería e o seu impacto na práctica dentro do sistema de saúde e do equipo pluridisciplinar. A enfermería como unha profesión de axuda dinámica e cualitativa con incidencia directa na reducción do gasto nas prestacións de saúde e mellora da calidade nas prestacións globais de saúde. Módulo III: comprensión da natureza do ser humano como núcleo e obxecto de atención nas prestacións de enfermería. A educación, a cultura, a sociedade, o ambiente e o hábitat como factores de alta incidencia na saúde, desenvolvemento e benestar da persoa. Indicadores de saúde. Capacidades clave para o desenvolvemento de potencialidades para a saúde, a vida e o benestar. Módulo IV: a relación de axuda, peza clave nas prestacións de enfermería.

Acompañamento e axuda nas prestacións de enfermería. Natureza da relación de axuda. Profesións de relación de axuda. Modelos de relación de axuda. Presentación do modelo de aproximación terapéutica dentro da liña de pensamento humanista inserido na corrente holística para a saúde. Enfoque actitudinal, cognitivo e metodolóxico na práctica profesional. Desenvolvemento humano e aprendizaxe para os mecanismos de supervivencia. Posición de alto risco e morte prematura, posición neutra, posición creativa e de autorrealización. A relación de axuda como medio de acompañamento e soporte nos procesos de toma de consciencia, cambios de estilos de vida, crecemento e autorealización persoal e profesional. A especificidade da relación de axuda en enfermería. Obxectivos, límites e diferencias con outras profesións de relación de axuda.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6582Complexo Hospitalario Xeral-Cíes5, 6, 7 de marzo; 2, 3, 4

de abril; 7, 8, 9 de maio;

4, 5, 6 de xuño; 17, 18,

19 de setembro; 8, 9, 10,

29, 30 de outubro

9-13 e

14.15-18.45

35. Xestión de calidade nos laboratorios.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 6.

Destinatarios: persoal dos laboratorios do Sergas.

Obxectivos: mellora da calidade dos servicios coa implantación de criterios para o aseguramento da calidade e a aplicación duna política de seguridade e xestión de residuos.

Contidos: formación e información en xestión de calidade e mellora da calidade interna dos laboratorios. Formación e información en xestión de residuos

pechados como consecuencia da actividade do laboratorio. Formación e información en seguridade no laboratorio.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6583Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza

30 de abril10-13 e 16-19

36. Consentimento informado e historia clínica.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 12.

Destinatarios: facultativos especialistas de atención especializada.

Obxectivos: xeneraliza-lo uso de documentos de consentimento informado.

Contidos: dereitos e deberes dos usuarios. Elaboración de documentos, contidos, límites e excepcións.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6584Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos12, 13, 14 de marzo16.30-20.30

37. Protección radiolóxica nas instalacións de radiodiagnóstico.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: 1º Médicos especialistas en radiodiagnóstico, traumatoloxía, cardioloxía, uroloxía, reumatoloxía, odontoloxía, estomatoloxía e cirurxía naquelas áreas que utilicen equipos radiocirúrxicos. 2º Médicos prescritores de probas radiolóxicas.

Obxectivos: adquiri-los coñecementos necesarios para asegura-la protección radiolóxica nas instalacións de raios X e participar no desenvolvemento dos programas de garantía de calidades das unidades asistenciais de radiodiagnóstico, reflectidos nos seguintes contidos específicos: coñece-los fundamentos da interacción da radiación coa materia. Coñecer e manexa-las magnitudes e unidades radiolóxicas. Coñece-las características físicas dos equipos de raios X. Coñecer e aplica-las normas de protección radiolóxica ó radiodiagnóstico. Coñecer e aplica-la normativa e a lexislación nacional e comunitaria. Coñecer e aplica-los fundamentos dos programas de garantía de calidade en radiodiagnóstico.

Contidos: módulo 1: física das radiacións. Módulo 2: características físicas dos equipos de raios X. Módulo 3: detección e medida da radiacións. Módulo 4: radiobioloxía. Módulo 5: protección contra as radiacións. Módulo 6: protección radiolóxica en radiodiagnóstico (radiodiagnóstico, traumatoloxía, cardioloxía, uroloxía, reumatoloxía, odontoloxía, estomatoloxía e cirurxía en aquelas áreas que utilicen equipos radiocirúrxicos). Módulo 7: normativa e lexislación nacional e comunitaria. Módulo 8: garantía de calidade en radiodiagnóstico.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6585Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

3, 4, 5, 6, 10, 11 de xuño16-21

38. Relaxación e técnicas de control do estrés (para enfermería).

Nº de edicións: 5.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: enfermeiras.

Obxectivos: identifica-las técnicas de reducción da ansiedade. Distingui-las aplicacións das técnicas de relaxación no tratamento dos problemas de saúde. Aplica-las técnicas de relaxación a si mesmos e ós usuarios dos servicios sanitarios.

Contidos:

Modulo I. Introducción: a ansiedade e a resposta do estrés.

a) Estresores.

b) A resposta de estrés.

c) Efectos do estrés sobre a saúde e a conducta.

Modulo II. Adestramento en técnicas de relaxación muscular.

a) A relaxación progresiva de Jacobson.

b) Variantes ó método de Jacobson.

Modulo III. Adestramento en técnicas de relaxación por suxestión.

a) O adestramento autóxeno de Schultz.

b) Variantes sobre o adestramento autóxeno.

c) Adestramento en técnicas de suxestión pura (hipnose).

Modulo IV. Adestramento en técnicas de relaxación rápidas.

Modulo V. Outras técnicas de control do estrés.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6586Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área de Pontevedra)15, 16, 17, 18 de abril16-21

6587Complexo Hospitalario de Ourense6, 7, 8, 9 de maio16-21

6588Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)3, 4, 5, 6 de xuño16-21

6589Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza10, 11, 12, 13 de xuño16-21

6590Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

14, 15, 16, 17 de outubro16-21

39. Aspectos psicolóxicos no trato con maiores.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: auxiliares de enfermería que traballen con persoas maiores.

Obxectivos: prepara-los participantes a través de coñecementos, habilidades e actitudes comunicativas

e de respecto que lles permitan establecer relacións interpersoais significativas, así como fomentar unha discriminación positiva cara ós anciáns.

Contidos: avaliación biosocial e psicosocial: variables moduladoras. A saúde na vellez-saúde e estilos de vida. Estereotipos sobre a vellez. Necesidade de comunicación e relacións no ancián. Habilidades de trato.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6591Hospital do Meixoeiro7, 8, 9 de outubro16-21

40. Coidados de enfermería ó paciente transplantado.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: 1º Enfermeiras que presten os seus servicios en unidades relacionadas con pacientes transplantados ou interesados nos contidos do curso. 2º Outras enfermeiras.

Obxectivos: dota-los participantes dos coñecementos e habilidades necesarias para desempeñaren coidados de enfermería en pacientes transplantados de forma eficaz.

Contidos: aspectos éticos e legais do transplante de órganos e tecidos. Organización en transplantes. Morte encefálica. O doador.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6592Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela4, 5, 6, 7 de novembro10-14

e 16.30-20

41. Responsabilidades legais en profesionais de enfermería.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal de enfermería.

Obxectivos: tomar conciencia da existencia de leis a transgresión das cales poida ocasionar situacións de responsabilidade. Incorporar á súa bagaxe científica un sentido común xurídico

Contidos: establecemento do problema. Clases de responsabilidade: Civil, penal, disciplinaria e deontolóxica. A responsabilidade civil e as súas clases.Tarefas propias. Tarefas delegadas. Consecuencias civís e penais da mala praxe.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6593Hospital Nicolás Peña21, 22, 23 de maio10-14

e 16.30-19.30

6594Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela10, 11, 12 de xuño10-14

e 16.30-19.30

6595Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza19, 20, 21 de novembro10-14

e 16.30-19.30

42. Garantía de calidade en atención primaria de saúde.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: persoal sanitario dos equipos de atención primaria do Sergas.

Obxectivos: o curso pretende que os participantes sexan capaces de deseñar, implantar e facer operativo un sistema de garantía da calidade dos coidados en atención primaria da saúde. Para isto, afóndase no estudio de métodos de avaliación parcial e global dos coidados, na construcción de indicadores e estándares e no deseño de plans e estratexias para garanti-la calidade.

Contidos: módulo I: a calidade, o cliente e o provedor. O verdadeiro enfoque da calidade. Calidade total. Os cinco conceptos claves da calidade total: definición de esixencias, conformidade coas esixencias, o cero defectos, a prevención de erros, o custo da non-conformidade. As cinco fases do Proceso de Mellora da Calidade (PMC). Análise dos compoñentes da calidade na asistencia sanitaria. Avalia-la calidade para mellorala. Funcións do subsistema control. Módulo II: o audit (método concorrente de avaliación da calidade): 1) Selección de áreas de estudio. 2) A formulación do modelo de actividade: identificar obxectivos no tempo, identificar accións para acada-los obxectivos, establecer cómo e cándo debe realizarse, orde lóxica para cada unha, observacións que hai que ter en conta. 3) Definición de criterios, criba e ponderación deles. 4) Elección de fontes de información. Módulo III: o audit a través do dossier de coidados. O método P.E.P.: identificación do suxeito da avaliación,

definición de criterios, análise e identificación do problema, recomendacións e vixilancia posterior. Aplicación práctica da metodoloxía P.E.P. Módulo IV: métodos para a avaliación da calidade dos resultados de enfermería. O método M.A.Q.S.I. Analizar e defini-los problemas: modelo causa-efecto, modelo É-NON É. O sistema integral de xestión da calidade. A estructura operacional de animación permanente: os círculos de calidade.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6596Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

4, 5, 6, 11, 12, 13 de xuño16-21

43. Iniciación á xestión analítica en enfermería.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: directores, subdirectores, adxuntos e supervisores da división de enfermería.

Obxectivos: adquiri-los coñecementos básicos da xestión orzamentaria e de custos nos hospitais, capacitándoos para aplica-los instrumentos da contabilidade analítica á súa área de responsabilidade e sen

sibiliza-la importancia da análise de custos na división de enfermería.

Contidos: o hospital como empresa. Sistema de cálculo e reparto de custos. Sistemas de imputación de custos na división de enfermería.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6597Complexo Hospitalario de Ourense3, 4, 5, 6 de xuño16-21

44. Investigación en enfermería.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: enfermeiras.

Obxectivos: introducción fundamental e intensiva á metodoloxía científica e ó proceso de investigación.

Contidos: panorama da investigación en enfermería. O concepto de ciencia: características do coñecemento científico. Ética e deontoloxía. Documentación: fontes primarias e secundarias. Utilización e busca documental. Centros de documentación.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6598Complexo Hospitalario de Ourense28, 29, 30, 31 de outubro16-21

6599Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza4, 5, 6, 7 de novembro16-21

45. Psicoxeriatría.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: auxiliares de enfermería relacionados co coidado de anciáns.

Obxectivos: enumera-las principais características da vellez e da enfermidade mental. Clasifica-las enfermidades mentais no ancián. Describi-lo cadro clínico da enfermidade de Alzheimer. Distingui-la enfermidade de Alzheimer de patoloxías vasculares. Enumera-las principais características de cada fase da enfermidade de Alzheimer. Intervir fronte ás alteracións cognitivas, sensoriais, emocionais e conductuais do enfermo de Alzheimer, aplicando os coidados auxiliares adecuados en cada caso. Manexar situacións difíciles con enfermos de Alzheimer. Forma-la familia e coordinarse con ela para unha mellor atención ó enfermo de Alzheimer. Manexar situacións na relación coa familia do enfermo. Enumera-los aspectos legais máis importantes asociados á enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

Contidos: introducción á vellez. Introducción á enfermidade mental. Clasificación das demencias. A enfermidade de Alzheimer. Concepto. Evolución. Cadro clínico. Alteracións cognitivas. Alteracións sensoriais. Alteracións emocionais. Empatía e intervención. Coordinación coa familia e formación desta. Manexo de situacións coa familia. Aspectos legais da enfermidade de Alzheimer. Alteracións conductuais. Manexo de situacións.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6600Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza12, 13, 14 de marzo16-21

46. Taller de exploración oftalmolóxica básica.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 15.

Destinatarios: médicos de atención primaria.

Obxectivos: capacitación do médico de atención primaria na exploración oftalmolóxica básica, fundamentalmente no fondo do ollo, facendo fincapé nas patoloxías de gran prevalencia como son a HTA e a diabete.

Contidos:

* Exploración básica en oftalmoloxía: segmento anterior.

* Métodos de exploración en consulta:

-Técnicas de inspección ocular:

Exploración conxuntiva e córnea.

Eversión palpebral.

Observación tincións.

* Semioloxía en patoloxía máis frecuente do segmento anterior do ollo.

* Manexo de urxencias frecuentes do segmento anterior do ollo.

* Postoperatorio de técnicas cirúrxicas frecuentes: catarata, glaucoma, cirurxía refractiva.

* Exploración oftalmolóxica do segmento anterior.

* Métodos de exploración en consulta.

-Oftalmoscopia imaxe recta.

-Exploración binocular do fondo de ollo.

-Métodos especiais:

Retinografía.

Anxiofluoresceingrafía.

Ecografía ocular.

-Manexo do oftalmoscopio.

-Patoloxía da retina:

Manifestacións oftalmolóxicas da diabete.

O fondo de ollo do paciente diabético.

Evolución das alteracións retinianas na diabete.

Manifestacións oftalmolóxicas da hipertensión arterial: alteracións oftalmoscópicas.

Patoloxía do nervio óptico.

Desprendemento da retina.

Presentación de vídeos en tratamento cirúrxico da retina.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6601Xerencia de Atención Primaria

de Lugo

16, 17, 18 de abril16-21

47. A responsabilidade dos profesionais sanitarios.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal sanitario de atención primaria e especializada.

Obxectivos: informa-los profesionais sanitarios sobre as principais cuestións polémicas coas que se poden atopar no desenvolvemento da súa profesión e que poden dar lugar a unha reclamación de responsabilidade patrimonial, así como cal debe se-la súa actuación no caso de que esta se produza.

Contidos: responsabilidade civil e penal dos profesionais sanitarios. As reclamacións de responsabilidade patrimonial. O necesario nexo de causalidade. As novas tecnoloxías e a súa aplicación na área sanitaria. A historial clínica: deseño, tratamento informático e confidencialidade dos datos recollidos nela. O consentimento informado: alcance do dereito do enfermo a recibir información. Os protocolos de actuación médica: deseño e contido.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6602Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

8, 9, 10, 11 de abril16-21

6603Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

13, 14, 15, 16 de maio16-21

6604Complexo Hospitalario Xeral-Calde7, 8, 9, 10 de outubro16-21

48. Atención integral en pacientes con patoloxía crónica.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras.

Obxectivos:

Contidos: fundamentos das enfermidades crónicas. Axudas e advertencias diagnósticas. Estratexias terapéuticas. Marco da asistencia das enfermidades crónicas. Consulta de enfermería. Organización e programa para a vixilancia dos distintos tipos de enfermidades. Protocolo para o desenvolvemento de calidade e control de rendemento. Indicadores de control de calidade. Avaliación do paciente. Diversidade sociocultural dos pacientes. Estratexias de intervención.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6605Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña)5, 6, 7, 12, 13, 14

de marzo

16-21

6606Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos10, 11, 12, 13, 17, 18

de xuño

16-21

49. Coidados de enfermería nas úlceras por decúbito.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras de atención primaria e especializada.

Obxectivos:

Contidos: fisiopatoloxía das úlceras por presión. Factores de risco nas úlceras por decúbito. Clasificación dos estadios ulcerativos. Coidados de enfermería en pacientes hospitalizados. Atención extrahospitalaria e ambulatoria das úlceras.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6607Hospital do Meixoeiro15, 16, 17, 18, 22, 23

de abril

16-21

6608Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

21, 22, 23, 28, 29, 30

de maio

16-21

6609Complexo Hospitalario de Ourense23, 24, 25, 26, 30 de setembro e 1 de outubro16-21

50. Fundamentos de resonancia magnética e nuclear.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: TER.

Obxectivos: actualiza-los profesionais nos estudios de pescozo, cabeza, tórax e abdome, mediante resonancia magnética nuclear.

Contidos: historia da resonancia magnética nuclear. Compoñentes do equipo de resonancia magnética. Artefactos. Atención ó paciente. Estudios da cabeza. Estudios de pescozo. Estudios de columna en R.M.N. estudios de tórax en R.M.N. Estudios de abdome.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6610Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza27, 28, 29, 30 de maio

e 3, 4 de xuño

16-21

6611Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela10, 11, 12, 13, 18, 19

de xuño

16-21

51. Inmunohistoquímica.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: técnicos especialistas en anatomía patolóxica.

Obxectivos: actualización de coñecementos sobre manipulación e procesamento de mostras biolóxicas e citolóxicas.

Contidos: citoloxía, mostras por conxelación, tecido parafinado: fixación, inclusión, tratamento de portaobxectos. Principios fundamentais da técnica inmunohistoquímica.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6612Hospital do Meixoeiro13, 14, 15, 16 de maio16-21

52. Comunicación terapéutica un instrumento dos profesionais sanitarios.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal sanitario de atención especializada.

Obxectivos: instruí-los profesionais no manexo da comunicación como elemento terapéutico. A comunicación terapéutica distínguese da que se establece noutra relación interpersoal en que un dos participantes pretende lograr un cambio positivo no outro interlocutor. O profesional e o paciente/usuario/cliente, aplicando técnicas de comunicación terapéutica, chegan a un acordo sobre a natureza do problema e o que pode facer con el. O fin último é mellora-la adaptación da persoa ó seu contorno e a comprobación de que existen diferentes maneiras de enfronta-la realidade e non sempre se escolle a máis saudable. Trátase de que a persoa mobilice os seus recursos e obteña un mellor desenvolvemento biolóxico, psicolóxico e social.

Contidos: o esquema da comunicación. Partes do proceso comunicativo. Modos de expresa-la demanda. Técnicas comunicativas: a empatía, a autenticidade, o respecto, o feed-back, escoita activa, escoita pasiva, etc. Obstáculos na comunicación. Proceso da comunicación: mensaxes ti, mensaxes eu. Método do consenso ou da concentración.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6613Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos4, 5, 6, 7 de novembro16-21

53. Resucitación cardiopulmonar en pacientes pediátricos.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: pediatras, médicos de urxencias materno-infantís e enfermeiras de pediatría e urxencias.

Obxectivos: actualización das técnicas de RCP para o persoal relacionado coa área pediátrica.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6614Complexo Hospitalario

de Pontevedra

30 de setembro e 1, 2, 3 de outubro16-21

54. Básico de coñecementos da metodoloxía de investigación.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: médicos de atención especializada.

Obxectivos: facilita-la adquisición de coñecementos e habilidades no profesional interesado.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6615Complexo Hospitalario

de Pontevedra

21, 22, 23, 24 de outubro16-21

C) Cursos para persoal non sanitario.

55. Calefacción e A.C.S.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 8.

Destinatarios: persoal das institucións do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións e calefacción e A.C.S.

Obxectivos: ofrecerlles ós asistentes ó curso unha formación acorde cos seus postos, que lles permita mellora-la realización das súas tarefas. Incorporar novos procesos con aplicabilidade ó mantemento de instalacións hospitalarias. Facilita-la adaptación dos profesionais ás novas instalacións.

Contidos: sistemas de calefacción e A.C.S. Calefacción por auga quente. Regulacións automáticas. Producción de A.C.S. Proxectos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6616Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

21 de marzo9-14

e 16-19

56. Centrais térmicas hospitalarias.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal das institucións do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións térmicas.

Obxectivos: ofrecerlles ós asistentes ó curso unha formación acorde cos seus postos, que lles permita mellora-la realización das súas tarefas. Incorporar novos procesos con aplicabilidade ó mantemento de instalacións hospitalarias. Facilita-la adaptación dos profesionais a novas instalacións.

Contidos: conceptos básicos da combustión. Características dos combustibles. Queimadores. Caldeiras. Evacuación de fumes. Salas de caldeiras. Mantemento preventivo, predictivo e correctivo. Normativa de mantemento.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6617Hospital da Costa Burela11, 12, 13, 14 de marzo16-21

57. Frío industrial aplicado ó aire acondicionado.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións, con inclusión do persoal relacionado coas infraestructuras hospitalarias.

Obxectivos: formar e actualiza-lo persoal en temas de frío industrial.

Contidos: frío industrial aplicado ó aire acondicionado.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6618Complexo Hospitalario de Ourense4, 5, 6, 7 de marzo16-21

6619Hospital Comarcal de Valdeorras8, 9, 10, 11 de abril16-21

58. Aprovisionamento sanitario.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 16.

Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que vaia realizar labores de xestión de aprovisionamentos, xestión de almacéns centrais ou periféricos, hostalería e servicios xerais.

Obxectivos: facilitar coñecementos relacionados co desempeño profesional nas áreas descritas, e formación orientada a facilita-la adaptación do persoal ós cambios derivados da modernización e innovación tecnolóxica aplicables á área de aprovisionamentos.

Contidos: xestión integral de materiais. Innovacións tecnolóxicas no sistema de aprovisionamentos dos centros do Sergas. A calidade nos servicios. Normas ISO.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6620Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

27, 28, 29, 30 de maio16.30-20.30

6621Hospital do Meixoeiro17, 18, 19, 20 de xuño16.30-20.30

6622Hospital Comarcal de Valdeorras21, 22, 23, 24 de outubro16.30-20.30

59. Deseño e mantemento das áreas de alto risco.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 32.

Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións hospitalarias, con inclusión de persoal relacionado coas infraestructuras hospitalarias.

Obxectivos: facilita-los coñecementos necesarios de cara a mellora-la calidade e seguridade de áreas asistenciais, como bloques cirúrxicos, UCIs, REAs, etc., que, cada vez máis, están a impactar nos modelos hospitalarios actuais porque obrigan a un deseño específico e a un coñecemento integral do conxunto das instalacións especiais que lles afectan.

Contidos: tratamento da auga e o aire nas A.A.R. Deseño e execución das instalacións eléctricas nas A.A.R. Instalacións especiais das A.A.R. (rede de comunicacións, redes de extinción de incendios, megafonía, gases medicinais, transporte pneumático).

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6623Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela1, 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11

de abril

16.30-20.30

6624Complexo Hospitalario Xeral-Cíes15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25 de abril16.30-20.30

60. Facturación a terceiros obrigados ó pagamento e xestión do cobro.

Nº de edicións: 4.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 16.

Destinatarios: persoal que presta servicios nas áreas de facturación e admisión, así como de xestión administrativa xeral.

Obxectivos: que estes traballadores poidan coñecer aqueles casos nos que existe obriga de paga-la asistencia sanitaria recibida por existir un obrigado ó pagamento, así como os trámites da xestión e cobro deles.

Contidos: exposición de normativa legal na que se basea esta facturación, así como dos convenios que nalgúns casos se establecen. Facturación e xestión de cobro. Vía de constrinximento. Programa informático de facturación.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6625Complexo Hospitalario de Ourense11, 12, 13, 14 de marzo16.30-20.30

6626Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

8, 9, 10, 11 de abril16.30-20.30

6627Hospital da Costa (Burela)15, 16, 17, 18 de abril16.30-20.30

6628Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

22, 23, 24, 25 de abril16.30-20.30

61. A xestión de coñecementos nas organizacións hospitalarias.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal técnico sanitario e administrativo.

Obxectivos: implantar unha atención sanitaria de calidade baseada no coñecemento. Coñece-los mecanismos e adaptarse ós cambios en que están inmersas as organizacións hospitalarias. Axuda-los profesionais sanitarios que teñen unha gran cantidade de información dispoñible e dificultades para controlar, revisar e selecciona-la información a que tiveron acceso.

Contidos: a atención sanitaria de calidade baseada no coñecemento. A xestión do coñecemento como estratexia de xestión de cambio. A utilización de novas tecnoloxías. O exceso de información e a escaseza do tempo. Estratexias para producir, capturar, seleccionar, almacenar, sintetizar, editar e disemina-lo coñecemento dispoñible. O valor do uso do coñecemento no aumento das capacidades competitivas das persoas e institucións. A contribución da xestión do coñecemento na distribución dos recursos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6629Hospital do Meixoeiro23, 24, 25, 26

de setembro

16-21

62. Calidade na atención telefónica.

Nº de edicións: 6.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención primaria. 2º) Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención especializada. 2º) Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención primaria.

Obxectivos: adquisición de novas habilidades profesionais. Dotar de ferramentas que aumenten a eficiencia laboral. Reflexionar sobre o desenvolvemento das súas tarefas e mellora-la imaxe da institución que dá un servicio ó paciente/usuario. Ofrecer unha imaxe adecuada do hospital a través dun medio directo (teléfono). Manexa-los recursos da linguaxe como unha ferramenta de traballo.

Contidos:

* Módulo I: o servicio ó usuario/paciente.

-Actitudes indispensables no tratamento ó paciente.

-Calidade na atención ó paciente: cómo mellorala.

-Importancia do contorno hospitalario.

-Importancia da calidade.

-Imaxe de calidade.

-A calidade afecta a tódolos niveis e todos a transmiten.

* Módulo II: o servicio de admisión e control.

-O ingreso no hospital.

-Humanización da asistencia.

* Módulo III: a atención telefónica: acollida e resolución de chamadas.

-Introducción.

-A comunicación telefónica: a escoita activa no desenvolvemento de chamadas.

-Recepción de chamadas: técnicas para a correcta acollida de chamadas.

-Emisión de chamadas: técnicas para mellora-la emisión.

-As reclamacións.

* Módulo IV: a palabra e a voz.

-Introducción.

-A voz como recurso suxestivo.

-Uso dos recursos expresivos.

-O silencio.

* Módulo V: os contestadores automáticos como imaxe de empresa.

-Introducción.

-Relación da acollida telefónica a través do contestador automático.

-Cómo contestar unha mensaxe recibida a través do contestador automático.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6630Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área da Coruña)

13, 14, 15, 16, 17 de maio16-21

6631Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza1, 2, 3, 4, 5 de abril16-21

6632Complexo Hospitalario de Ourense15, 16, 17, 18, 19 de abril16-21

6633Complexo Hospitalario Xeral-Calde6, 7, 8, 9, 10 de maio16-21

6634Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área

de Pontevedra)

27, 28, 29, 30, 31 de maio16-21

6635Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)30 de setembro e 1, 2, 3, 4 de outubro16-21

63. Ergonomía. Mobilización e traslado de pacientes.

Nº de edicións: 9.

Nº de prazas por edición: 20.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: por orde preferente: 1º) Celadores e auxiliares de clínica de atención especializada. 2º) Celadores e auxiliares de clínica de atención primaria.

Obxectivos: coñece-las actitudes e conductas preventivas que debemos adoptar nas diferentes situacións de risco existentes no noso lugar de traballo. Analiza-los puntos fortes e débiles do noso servicio sanitario, concretamente na mobilidade, traslado e evacuación do enfermo/paciente, así como desenvolve-las melloras pertinentes nesta área. Saber cómo actuar ante as emerxencias colectivas e específicas e conciencia-lo alumno da realización dun traballo de calidade para actuar ante as emerxencias sanitarias.

Contidos:

* Módulo I: ergonomía.

-Ergonomía e antropometría.

-Factores ergonómicos e sociais: factores de proceso e factores sociais.

-Os factores de proceso:

A carga de traballo.

A carga psíquica ou mental.

A fatiga.

Insatisfacción laboral.

-O transporte manual de cargas no ámbito sanitario:

Sobreesforzos. Posturas.

-Os factores sociais: incumprimento de normas preventivas:

Formación. Disciplina.

-Simulacións prácticas.

* Módulo II: traslado.

-Factores que inflúen na mobilidade.

-Consecuencias da inmobilidade.

-Áreas de presión. Valoración dos pacientes de risco.

-Úlceras de cúbito, etiopatoxenia e factores de risco.

-Prevención dos problemas relacionados coa inmobilidade.

-Posicións nos pacientes encamados e cambios posturais.

* Módulo III: traslado dos enfermos/pacientes.

-Mecánica corporal. Regras xerais.

-Cintos de traslado.

-Procedementos de traslado, segundo tipoloxía de pacientes.

-Circuítos de traslado.

* Módulo IV: evacuacións do enfermo-paciente.

-Avaliación do paciente, segundo a súa tipoloxía: válido e non válido.

-Tipos de situacións de emerxencia:

As emerxencias, un sistema integral.

Emerxencias colectivas.

O acceso ós centros.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6636Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza4, 5, 6, 7, 8 de marzo16-21

6637Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

11, 12, 13, 14, 15

de marzo

16-21

6638Complexo Hospitalario

de Pontevedra

8, 9, 10, 11, 12 de abril16-21

6639Hospital Comarcal de Valdeorras6, 7, 8, 9, 10 de maio16-21

6640Hospital do Meixoeiro20, 21, 22, 23, 24 de maio16-21

6641Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela3, 4, 5, 6, 7 de xuño16-21

6642Xerencia de Atención Primaria

de Lugo

10, 11, 12, 13, 14 de xuño16-21

6643Complexo Hospitalario Xeral-Calde23, 24, 25, 26, 27

de setembro

16-21

6644Hospital da Costa (Burela)14, 15, 16, 17, 18

de outubro

16-21

64. Habilidades de comunicación para traballadores de atención directa ó público.

Nº de edicións: 7.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 25.

Destinatarios: persoal administrativo e celadores en postos de atención directa ó público.

Obxectivos:

Contidos: habilidades sociais. Comunicación co público. Habilidades de comunicación co público. A palabra e a voz. Control do enfado e manexo de situacións conflictivas.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6645Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol)

11, 12, 13, 14, 15

de marzo

16-21

6646Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área da Coruña)

8, 9, 10, 11, 12 de abril16-21

6647Xerencia de Atención Primaria

de Lugo

6, 7, 8, 9, 10 de maio16-21

6648Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

27, 28, 29, 30, 31 de maio16-21

6649Complexo Hospitalario de Ourense10, 11, 12, 13, 14 de xuño16-21

6650Hospital do Meixoeiro21, 22, 23, 24, 25

de outubro

16-21

6651Xerencia de Atención Primaria

de Ourense

4, 5, 6, 7, 8 de novembro16-21

65. Fundamentos de asistencia sanitaria para celadores.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: celadores que presten os seus servicios en unidades asistenciais de enfermería.

Obxectivos: mellora-las habilidades básicas de atención ó cliente nos seus aspectos de mantemento dun contorno seguro, mobilización e comunicación, así como a integración dentro dun equipo.

Contidos:

* Módulo I: coidados básicos.

-Necesidades de seguridade:

Contorno ambiental (seguridade individual e do medio).

Traslados de pacientes, mostras, rexistros, etc.

-Necesidades de mobilización:

Recepción de pacientes. Situacións tipo: técnicas de mobilización adecuadas.

Cómo evitar riscos, lesións, etc. na actividade profesional: técnicas de manutención.

* Módulo II: a comunicación e a imaxe.

-A comunicación terapéutica. Habilidades básicas: escoita, empatía, emisión de mensaxes.

-A relación celador/paciente. Aspectos non verbais na comunicación. Actitudes ante o usuario.

* Módulo III: o equipo coidador.

-Compoñentes, dinámica e funcionamento do equipo coidador.

-Achega e integración dos diferentes membros.

-A responsabilidade do celador na calidade da asistencia.

-Actitudes cara á calidade.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6652Complexo Hospitalario Xeral-Cíes20, 21, 22, 23 de maio16-21

66. Básico de linguaxe administrativa galega.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria. 2º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada. 2º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria.

Obxectivos: mellora-la redacción administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

Contidos: a lingua común e a linguaxe administrativa. Pautas para unha correcta redacción administrativa. Análise da documentación administrativa básica.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6653Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza6, 7, 8, 13, 14, 15 de maio16-21

6654Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)

21, 22, 23, 28, 29, 30

de maio

16-21

6655Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área

de Pontevedra)

1, 2, 3, 8, 9, 10

de outubro

16-21

67. Superior de linguaxe administrativa galega.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria. 2º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada. 2º) Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria.

Condición indispensable: ter superado o curso básico de linguaxe administrativa.

Obxectivos: afianzar e amplia-los coñecementos adquiridos no curso básico. Lograr unha mellora na comunicación cos usuarios das institucións sanitarias.

Contidos: a redacción administrativa, con especial incidencia no estilo e na terminoloxía empregados. Pautas para unha linguaxe sinxela, alcanzable ós usuarios das institucións sanitarias.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6656Complexo Hospitalario de Ourense13, 14, 15, 16, 20, 21

de maio

16-21

6657Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela7, 8, 9, 10, 14, 15

de outubro

16-21

6658Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área de Vigo)

21, 22, 23, 24, 28, 29

de outubro

16-21

68. Estudio do marco normativo e funcional do persoal administrativo.

Nº de edicións: 2.

Nº de prazas por edición: 35.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención primaria. 2º) Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orden preferente: 1º) Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención especializada. 2º) Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de clínica de atención primaria.

Obxectivos: revisa-la orientación e formación dos grupos profesionais destinatarios e o seu papel nas institucións sanitarias do Sergas.

Contidos: réxime xurídico do persoal non sanitario da función administrativa. Características e funcións das distintas categorías: revisión das súas funcións e da execución prestacional. O seu papel na estructura das institucións sanitarias. Perspectivas de futuro. Atención ó usuario e información: nocións básicas para a mellora da formación.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6659Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

30 de setembro e 1, 2, 3 de outubro16-21

6660Hospital Nicolás Peña11, 12, 13, 14 de marzo16-21

69. Acceso á información nun centro sanitario.

Nº de edicións: 5.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: por orde preferente: 1º) Persoal administrativo. 2º) Persoal sanitario.

Obxectivos: dar a coñecer ó persoal a importancia da confidencialidade da información.

Contidos: Como circula a información. Quen a manexa. Diferentes soportes. Puntos críticos. Confidencialidade. Seguridade da información. Calidade. Bases de datos.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6661Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos5, 6, 7, 12, 13, 14

de marzo

16-21

6662Complexo Hospitalario Xeral-Calde8, 9, 10, 11, 15, 16

de abril

16-21

6663Complexo Hospitalario

de Pontevedra

3, 4, 5, 6, 10, 11 de xuño16-21

6664Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol (Área da Coruña)

24, 25, 26 de setembro

e 3, 4, 5 de outubro

16-21

6665Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza8, 9, 10, 14, 15, 16

de outubro

16-21

70. Lexislación sanitaria aplicable ás unidades de restauración hospitalarias.

Nº de edicións: 3.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal de cociña.

Obxectivos: formar en lexislación sanitaria aplicable a unha Unidade de Restauración Hospitalaria.

Contidos: lexislación de comedores colectivos. Directiva 93/43/CEE, do Consello Europeo. Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro. Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro. Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. Decreto 239/1986. Normas complementarias Orde 30-4-1987, do 22 de xuño.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6666Complexo Hospitalario de Ourense7, 8, 9, 10 de outubro16-21

6667Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela28, 29, 30, 31 de outubro16-21

6668Complexo Hospitalario Xeral-Cíes4, 5, 6, 7 de novembro16-21

71. Tratamento dos conflictos.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: mandos intermedios e grupo técnico e de xestión da función administrativa.

Contidos: fase previa ó conflicto: técnicas de negociación. Recursos e reclamacións: preparación dos informes e resolucións. Folga e conflicto colectivo.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6669Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela19, 20, 25, 26 de xuño10-14.30

e 16-19

72. Cociña: menús e organizacións.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: 1º) Cociñeiros. 2º) Pinches.

Obxectivos: facilitar coñecementos orientados á mellora da organización do persoal, do horario, das quendas, das máquinas, etc. Formar na elaboración de menús habituais co mellor aproveitamento das máquinas e persoal dispoñible no servicio.

Contidos: elaboración de menús establecidos no centro. Organización do persoal e horarios para os distintos menús do centro.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6670Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos28, 29, 30, 31 de outubro e 4, 5 de novembro10-14.30

e 16-19.30

73. Estudio do marco normativo e funcional do persoal subalterno.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal subalterno.

Obxectivos: facilita-la análise e coñecementos sobre selección, provisión, permisos, licencias, vacacións, situacións administrativas, etc.

Contidos: explicación do contido real dos dereitos recollidos nas normas.

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6671Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos14, 15, 16, 17 de outubro16-21

74. Actualización do celador nos servicios centrais.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas por edición: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: celadores de atención especializada.

Obxectivos: busca-la integración dos celadores nos equipos multidisciplinarios dentro dos servicios centrais, como elemento especializado nos distintos protocolos de actuación das devanditas unidades.

Contidos: o celador no ambiente hospitalario (funcións xerais, integración nos equipos de traballo). O celador en urxencias (recepción de pacientes, avaliación das actuacións preferentes, mobilización e traslado de pacientes, a comunicación co usuario, prevención de riscos laborais, etc.). O celador en radiodiagnóstico (mobilización de pacientes, recoñecemento de aparellos, prevención de riscos, etc.). O celador na área cirúrxica (recoñecemento das distintas áreas cirúrxicas, traslado e mobilización de pacientes, avaliación das actuacións preferentes. O celador na área de reanimación (prevención de riscos, etc). O celador nas áreas de consultas externas e laboratorios (traslado de mostras e documentos, comunicación co usuario, prevención de riscos, etc).

CódigoLugar de celebraciónDatasHorario

6672Complexo Hospitalario

de Pontevedra

21, 22, 23, 24, 28, 29

de outubro

16-21

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA