Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001 pola que se fai público o acordo plenario do día 27 de decembro de 2001, polo que se establece o número, a distribución de asuntos e a composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2002.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 27 de decembro de 2001, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, a distribución de asuntos e a composición das seccións do devandito consello para 2002, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e nos artigos 16 e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 27 de decembro de 2001,

Acorda:

1. Establece-lo número e a composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2002 da forma seguinte:

-Sección primeira:

Presidente: José Luis de la Torre Nieto.

Vocais:

Pablo Moure Mariño.

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

-Sección segunda:

Presidente: José Mª Gómez y Díaz-Castroverde.

Vocais:

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Pablo Moure Mariño.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia