Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente na Comisión Municipal de Goberno do día 17-12-2001 o proxecto de reparcelación do polígono ou unidade de actuación Barraña 1, delimitado polos eixes das rúas nº 16 e 17, polo límite norte (rúa nº 6) e límite sur (paseo marítimo correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo pleno en sesión extraordinaria do 20-6-2001) cunha superficie total bruta de 12.076,27 metros cadrados, sométese o dito acordo á información pública co fin de que as persoas interesadas poidan presenta-las reclamacións ou alegacións que consideren oportunas durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do anterior notificarase individualmente a cada un dos propietarios afectados.

Con esta publicación cúmprese o preceptuado no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Boiro, 18 de decembro de 2001.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde