Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a subministración de conxelados (peixe e cordeiro) e subministración de auga, café, pan e derivados. (C. 101 e 112/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se citan:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta semisoto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas e tramitación anticipada.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades):

subministración de conxelados (peixe e cordeiro) C. 101/2002.

Orzamento total: 246.968,70 A/41.092.134 pesetas).

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requeridas: existen 2 lotes.

Lote nº 1: bacallau, vaíña tubo, delicias do océano, filete de pescada, etc.

Lote nº 2: pa de cordeiro e costelela de cordeiro conxeladas.

d) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración auga, café, pan e derivados C. 112/2002.

Orzamento total: 235.289,00 A/39.148.796 pesetas).

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 6 lotes.

Lote nº 1: café moído extra (kg), café soluble sobre (sobres) sen glute e café soluble descafeinado (sobres).

Lote nº 2: auga mineral 1,5 l (botella) e auga mineral 0,5 l (botella).

Lote nº 3: pan barra bolo 60 gr (bolos), pan barra integral (bolo 60 gr), etc.

Lote nº 4: caldo de ave (kg), caldo vexetal sen sal (kg), etc.

Lote nº 5: sémola de trigo (paquete 250 gr), fariña de trigo fino (kg) e tapioca (paquete 150 gr).

Lote nº 6: empanada de bacallau ou bonito (kg).

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo o Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 18-1-2002.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 25-1-2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego o castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do último día no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do importe de licitación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do proveedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo proveedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. No seu caso, prohibición das variantes: admítese ata unha variante.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2001.

17. Data de envío do anuncio: 20-12-2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 13 de decembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña