Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente de modificación do PXMO).

Concello Pleno, en sesión celebrada o día 15 de novembro de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación do artigo 79.4º do PXMO na urbanización O Valiño, en Nós, sendo o seu novo teor literal o seguinte: a tipoloxía de edificación será a vivenda unifamiliar exenta sobre o parcelario orixinal da urbanización O Valiño. Para efectos de novas parcelacións esixirase unha parcela neta mínima de 440 m.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do dito expediente nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 17 de decembro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta