Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

DXI-EOL). 443

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación San Lucas 3, número 5629-3, da provincia de Lugo, e promovida por Ingemarga, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación San Lucas 3, nº 5629-3, situada en terreos dos concellos de Lugo e Castro de Rei, provincia de Lugo, e solicitado por Ingemarga, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas

dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como nos concellos de Lugo e Castro de Rei, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria