Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Faro para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 04/2001 DXI-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Faro coas seguintes características:

Peticionario: Hidroeléctrica Galaico-Portuguesa, S.A., c/ Sáenz Díez, nº 43, entresollado, 32003 Ourense.

Situación: concellos de San Cristovo de Cea, Piñor (Ourense) e Carballedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(587.014, 4.714.180), V(587.183, 4.713.948),

V(586.630, 4.713.534), V(587.098, 4.713.377),

V(586.373, 4.711.705), V(584.101, 4.709.625),

V(583.990, 4.709.744), V(586.986, 4.713.336),

V(585.966, 4.712.950), V(585.837, 4.713.095),

V(589.139, 4.712.581), V(589.316, 4.712.547),

V(589.218, 4.712.036), V(589.839, 4.711.954),

V(589.814, 4.711.761), V(589.510, 4.711.814),

V(589.404, 4.711.487), V(588.583, 4.711.362),

V(588.053, 4.709.600), V(588.917, 4.707.457),

V(589.272, 4.707.592), V(589.272, 4.707.748),

V(590.188, 4.707.748), V(590.188, 4.707.562),

V(589.272, 4.707.562), V(588.928, 4.707.428),

V(587.755, 4.708.006), V(587.491, 4.709.132),

V(587.486, 4.710.128), V(588.292, 4.711.688),

V(588.779, 4.711.700), V(589.237, 4.711.503),

V(589.377, 4.711.528), V(589.427, 4.711.828),

V(588.992, 4.711.911).

Potencia bruta: 49,50 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria