Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001 pola que se lle outorga a Alrogal, S.A., permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños no municipio de Cervo (Lugo).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dun criadeiro, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 23 de marzo de 2001, Didier Leclercq, en representación de Alrogal S.A. (CIF: A36883239), solicitou permiso de actividade para a explotación dun criadeiro situado no polígono industrial de Cuíña, municipio de Cervo (Lugo).

Segundo.-O interesado presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe urbanístico favorable do Concello de Cervo.

-Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a cualificación ambiental do proxecto de data 25-6-2001.

-Anuncio do 26-9-2001 publicado no Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro de 2001 de exposición pública do proxecto e do estudio de efectos ambientais.

-Declaración de efectos ambientais, emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avalición Ambiental de data 21-11-2001.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para

os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Alrogal S.A., co CIF nº A36883239, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: criadeiro.

-Nome: Alrogal S.A.

-Actividade: reproducción e inicio do ciclo vital.

-Especies: Rodaballo (Psetta maxima).

-Ubicación: polígono industrial de Cuíña-Cervo (Lugo).

-Superficies:

-Dominio público: non ten.

-Dominio privado: 1 parcela de 32.780 m

-Superficie para construír: 12.000 m repartidos en 3 naves:

-1 nave de producción: 11.768 m coas seguintes instalacións:

1) Reproducción: 3 salas.

2) Larvas: 2 salas.

3) Preengorde: 4 salas.

-1 nave taller e de grupos electróxenos: 220 m.

-1 nave de control: 12 m.

-Capacidade de producción: 6.000.000 de crías/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto presentado, subscrito polo enxeñeiro industrial superior Javier Guillén Rodríguez titu-

lado Proxecto básico de instalación dunha granxa de cría e engorde de rodaballo para situar no polígono

industrial de Cuíña, lugar de Coído, concello de Cervo. Provincia de Lugo visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en xaneiro de 2000, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 2 anos, contando desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o incio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-Coa finalidade de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar, xunto coas medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na declaración de efectos ambientais formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avalación Ambiental con data 21-11-2001, notificada ó promotor con data do 23-11-2001.

Quinta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sexta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sétima.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Oitava.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura