Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (160/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 160/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

En Carballo, 5 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por furto, rexistrada baixo o nº 160/2000, tramitada por instancia de Carmen Rodríguez Rama, en calidade de denunciante, contra Francisco Javier Gesto Pedreira, en calidade de denunciado. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a Francisco Javier Gesto Pedreira como autor dunha falta de furto, á pena de dous meses de multa, cunha cota diaria de cincocentas pesetas cada un, o que fai un total de trinta

mil pesetas. Esta cantidade deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a data desta resolución, prevíndoos de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedarán suxeitos a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo isto con expresa en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpor, neste xulgado, recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Francisco Javier Gesto Pedreira, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 5 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado