Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (52/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 52/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

En Carballo, 5 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e o seu

partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por furto, rexistrada baixo o nº 52/2000, tramitada por instancia de José Seoane Suárez e Josefa Mourelle Rial, en calidade de denunciantes, contra Jorge Manuel Calvete Martínez e Alberto Barro Silva. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a José Manuel Calvete Martínez e a Alberto Barro Silva como autores de dúas faltas de furto, á pena dun mes de multa, cunha cota diaria de cincocentas pesetas cada un, o que fai un total de quince mil pesetas. Esta cantidade deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a data desta resolución, prevíndoos de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedarán suxeitos a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo isto con expresa en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpor, neste xulgado, recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Jorge Manuel Calvete Martínez, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 5 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado