Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (75/2001).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña fai saber que nos autos que a seguir se dirán, consta dictada a sentencia co encabezamento e decisión do seguinte teor literal:

«Sentencia:

Na Coruña, 24 de outubro de 2001.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, tendo visto estes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Julia Alvariño Fernández, defendida pola letrada Sra. Luaces Alvariño, contra Fernando Enríquez Rodríguez e Carmen Barreda Rodríguez, en ignorado paradoiro,

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Julia Alvariño Fernández, condeno a Fernando Enríquez Rodríguez e Carmen Barredo Rodríguez a lle pagar á demandante a suma de 283.850 pesetas, mailo xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta resolución ata o completo pagamento. As custas impóñenselles ós demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC, cabe preparar recurso de apelación ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación».

Expídese este edicto para que lles sirva de notificación en legal forma ós demandados, Fernando Enríquez Rodríguez e Carmen Barreda Rodríguez, en ignorado paradoiro.

Dado na Coruña, 25 de outubro de 2001.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO