Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 434

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (204/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 204/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

En Carballo, 5 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por lesións, rexistrada baixo o nº 204/2000, tramitada por instancia de Nicolás Balay García, en calidade de denunciante, contra Abrahán Vilches Bravo e Jacobo Oliver Rivera, en calidade de denunciados. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que absolvo os denunciados Abrahán Vilches Bravo e Jacobo Oliver Rivera das faltas polas que se seguiu este proceso, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Abrahán Vilches Bravo, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 5 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado