Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, na súa sesión do día 19 de outubro de 2000, acordou declarar que nos núcleos que se indican a continuación se superaron os indicadores que, para determina-la necesidade de formación de plans especiais, contén o número 3.9.5 das normas urbanísticas. Daquela cómpre declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo mentres non se aprobe o correspondente plan especial e inicia-lo expediente de formulación do Plan Especial de Reforma Interior, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.

Os núcleos son os seguintes:

Expediente nº: 6598/411.

Núcleo: 18.04 Sobreira.

Tipo: C.

O que se publica para xeral coñecemento.

Vigo, 22 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo