Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

SELECCIÓN de persoal.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 anuncia a convocatoria pública dos seguintes postos para a contratación indefinida do seu cadro de persoal, de acordo coas seguintes bases:

Formadores. (FPII, BUP ou equivalente) Ref.: FM.

* Dominio de Microsoft Office a nivel usuario.

* Coñecementos de galego.

* Coñecemento do sector sanitario público.

Valorarase:

* Titulación superior.

* Experiencia acreditada en supervisión, formación e/ou organización de equipos de traballo en centrais telefónicas de coordinación de urxencias sanitarias ou en departamentos de apoio a estas.

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, coa referencia que se indique, dirixido ó apartado de correos nº 5.195 Vigo-36200, antes do 21 de xaneiro de 2002. Deberá presentarse copia cotexada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido.

Inicio das probas:

O exame teórico/práctico non se realizará antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996. Os baremos estarán á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da fundación e tamén se poderán solicitar no nº de fax 981 54 67 28.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2002.

Mª Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais

da Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061