Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: xestión do servicio municipal de recollida domiciliaria de lixo.

3. Tramitación: urxente. Forma: concurso. Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación: 84.141,69 euros.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Pino, Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino. Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23.

7. Presentación de ofertas: na secretaría do concello no prazo de oito días naturais contados desde o último anuncio publicado. Publicaranse anuncios no BOP e no DOG.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación abrirá as plicas no segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, en acto público, na casa do concello ás doce horas.

9. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O Pino, 28 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado