Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Publicado no Diario Oficial de Galicia nº 234, do día 4 de decembro, o anuncio de licitación do concurso convocado para a redacción da 2ª e 3ª fase do proxecto e execución da 2ª fase das obras de construcción de nichos, criptas, columbarios e urnas, na zona ampliada do cemiterio municipal de San Froilán, por acordo da Comisión de Goberno, na sesión do día 19 de decembro de 2001, modificouse a cláusula quinta (prazo de execución) do prego de condicións técnicas e económico-administrativas, no que figuraba tres meses, pasa a ser de:

Un mínimo de tres meses e un máximo de dez.

En consecuencia, a cláusula oitava do sinalado prego (documentación administrativa e oferta económica) na que se esixía atoparse clasificado dentro do grupo C, categoría E, pasa a ser de:

Grupo C, categoría C.

Por todo isto, ábrese un novo prazo para a presentación de ofertas de 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de decembro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área