Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 11 de decembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da área de reparto 10 (AR-10), segundo proxecto redactado polo arquitecto José Luis Varela Varela, e que foi visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data 19-6-2001.

O devandito proxecto foi tramitado por instancias de José Manuel Ferradás Vilar como presidente da xunta de compensación da área de reparto 10.

Recursos:

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá vostede interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lalín, 18 de decembro de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado