Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

En sesión extraordinaria do 26 de novembro de 2001, a Comisión de Goberno, por delegación da alcaldía, aprobou inicialmente o Plan parcial estrada de Lugo (SUE-4), de iniciativa particular, promovido por Enrique Cereijido Rego e redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros.

Por aplicación do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este acordo de aprobación inicial determina a suspensión do procedemento de outorgamente de licencias no perímetro deste plan parcial.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º do mesmo texto legal, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse nas oficinas municipais, nas horas de oficina, e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Lalín, 30 de novembro de 2001.

Camilo González Bodaño

Alcalde en funcións