Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 23 de novembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o expediente promovido por Manuel Rey Ruanova, en representación de Maquinaria Rey, S.A. relativo ás modificacións puntuais das normas subsidiarias do planeamento municipal relativas ó solo urbano industrial no contorno da N-VI, segundo a documentación presentada polo arquitecto José Miguel Vázquez García e o avogado Juan Pérez Rodríguez, consistentes en: modificación nº 1: recualificación dunha superficie incluída no ámbito do Plan parcial do polígono industrial-comercial de Bergondo, actualmente con cualificación de zonas de espacios libres, que pasaría a cualificarse como solo urbano industrial, así como recualificación dun ámbito de solo urbano industrial estremeiro co ámbito do Plan parcial, como espacios libres de dominio público. Modificación nº 2: delimitación dun ámbito de solo urbano industrial, sito entre os enclaves

industriais xa existentes na N-VI do polígono industrial, que se remite a un PERI, para efectos da súa ordenación pormenorizada.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado ou sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 12 de decembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente