Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Luis Cordero Ramos, en representación de Corinsua Promociones, S.L., solicitou desta alcaldía a licencia de reparcelación voluntaria do terreo correspondente ó estudio de detalle, sito no lugar de Moruxo, parroquia de Moruxo, neste concello, segundo escritura de reparcelación voluntaria efectuada ante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano, nº 1515, Don data do 2 de outubro de 2001, na cidade de Sada.

Co fin de lle dar cumprimento ó establecido no artigo 103.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente orixinado a información pública, que pode ser examinado na secretaría deste concello: Servicio de Urbanismo, nun prazo de vinte días hábiles que comezarán a contarse desde o seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, podendo no citado período presentar contra el as alegacións que consideren pertinentes.

Bergondo, 12 de decembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente