Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-2213/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do expediente número 15-2213/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatament hábil e posterior.

b) As débedas notificadas os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-2213/2000.

Denunciado: Francisco Salcines Martínez.

Enderezo: r/ Romero Donallo, nº 23, 15706 Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: 50.000 pesetas (cincuenta mil pesetas), por obstrucción ó labor inspector.

Data de resolución: 23-11-2001.

A Coruña, 5 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña