Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 27 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-435/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-435/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que coide pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela. Noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-435/2001.

Denunciado: Feper Mensajeros, S.L.

Enderezo: avda. dos Mallos, nº 9, 15007 A Coruña.

Sanción e motivos: 75.000 pesetas (setenta e cinco mil pesetas), por obstrucción ó labor inspector, carecer de follas de reclamación e cartel anunciador destas e horario de atención ó público.

Data de resolución: 26-10-2001.

A Coruña, 27 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña