Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de novembro de 2001, da Área Provincial en Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores ES-P-024/2001 e ES-P-034/2001, devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentadas as notificacións persoais nos últimos domicilios coñecidos dos interesados sen que estas se puidesen practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as propostas de resolución dictadas con data do 5 de novembro de 2001 polo órgano instructor dos procedementos sancionadores ES-P-024/2001 e ES-P-034/2001, nas que se propoñen as imposicións a Juan Carlos Rodríguez Monroy e a Eudosia Narciso Iglesias, respectivamente, as sancións de 250.000 e 100.001 pesetas, por non destinar a domicilio habitual e permanente as vivendas de promoción pública identificadas como expedientes PO-91/504, cuenta 72 e PO-81/010, cuente 187, que lles foron adxudicadas.

Consonte o artigo 19, en relación co art. 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os interesados dispoñen dun prazo de quince días que se contaran a partir do seguinte ó da publicación destas propostas de resolución, para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que estimen pertinentes.

Igualmente, comunícaselles que, a partir deste momento, poderán acceder ó contido dos expedientes depositados nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan neles.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 28 de novembro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-024/2001.

Infracción: artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro: non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada.

Inculpado: Juan Carlos Rodríguez Monroy.

Último domicilio coñecido: Pol. Torneiros, IV Fase, blq. 3, núm. 8, baixo esquerda, O Porriño.

Intentos de notificación persoal:

1º 12-11-2001 ás 12 h (ausente).

2º 15-11-2001 ás 12.50 h (ausente).

Expediente sancionador: ES-P-034/2001.

Infracción: artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro: non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudi-

cada.

Inculpada: Eudosia Narciso Iglesias.

Último domicilio coñecido: r/ Alemania, núm. 49, 1º C, Monteporreiro, Pontevedra.

Intentos de notificación persoal:

1º 12-11-2001 ás 11.05 h (ausente).

2º 16-11-2001 ás 11.15 h (ausente).