Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de novembro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica a José Jiménez Silva e herdeiros a resolución acordada no expediente de desafiuzamento P-039/2001, por non paga-la renda mensual da vivenda de promoción pública identificada co ex-

pediente PO-83/490, conta 5, devolta polo

servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (Torneiros, 3ª fase, blq. 13, ptal. 1, 2º A, no Porriño) notifícaselle a José Jiménez Silva e herdeiros a resolución do contrato dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 24 de outubro de 2001, por non paga-las rendas mensuais da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-83/490, conta 5, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Visto o expediente de resolución de contrato administrativo seguido contra José Jiménez Silva e herdeiros, como beneficiario en réxime de compravenda da vivenda obxecto da presente resolución, situada no polígono de Torneiros, fase III, blq. 13, ptal. 1, 2º A no Porriño (Pontevedra), correspondente ó:

Expediente: PO-83/490, conta: 5, por incumprimento do contrato, en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública, tendo en conta os seguintes

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, emite cer

tificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 2.127.806 pesetas, con data do 23 de xaneiro de 2001.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción que se atopa incorporado ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas, o dito requirimento non foi atendido.

3. Con data do 21 de setembro de 2001, a débeda ascende a 2.265.370 pesetas, non por non paga-los seguintes recibos:

Agosto 87 a agosto 96.

Outubro 96 a setembro 01.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do regulamento de VPO, -Decreto 2114/1968, do 24 de xullo-, artigo 30 do texto refundido de VPO, -Real decreto 1960/1976 do 12 de novembro-, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, e artigo 87.2º da Lei orgánica do poder xudicial.

Vistos.

Os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de compravenda da citada vivenda de promoción pública.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición de contratar coa administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos legais que procedan. Pontevedra, 24 de outubro de 2001. O delegado provincial. Asdo.: José Manuel Iglesias Carrera».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 22 de novembro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/490 (expediente de desafiuzamento P-039/2001).

Conta: 5.

Nome: José Jiménez Silva e herdeiros.

Enderezo: Pol. Torneiros, 3ª fase, blq. 13, ptal. 1, 2º A (O Porriño).

Débeda: 2.265.370 pesetas.