Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (535/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 535/2001, seguidos por instancia de Jerónimo Rego Grandío e Jesús María Folgueira Puente contra as empresas Construcciones Galastur-97, S.L. e Salmer, S.L., sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Lugo, 29 de novembro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 535/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandantes, Jerónimo Rego Grandío e Jesús María Folgueira Puente, representados polo letrado Germán Vázquez Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceron as empresas demandadas Construcciones Galastur-97, S.L. e Salmer, S.L., malia estaren citadas en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Jerónimo Rego Grandío e Jesús María Folgueira Puente, contra as empresas Construcciones Galastur-97, S.L. e Salmer, S.L., debo condenar e condeno as empresas a lles aboar solidariamente entre elas ós demandantes a cantidade recíproca de cincocentas cincuenta e sete mil novecentas corenta pesetas

brutas (557.940 pesetas), e cincocentas dezanove mil cento sesenta e unha pesetas brutas (519.161 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fogasa sen prexuízo da súa eventual responsabilidade subsidiaria, no caso de ser declarada a insolvencia das empresas condenadas con carácter principal.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228, do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69, nº de autos 535/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destas para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65, nº de autos 535/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-las empresas demandadas quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Ru-

bricado».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma ás empresas Construcciones Galastur-97, S.L. e Salmer, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 29 de novembro de 2001.