Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (982/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 482/2000 sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción alegada e desestimando a demanda deducida por Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira, Marcos David Niego Álvarez, Rodolfo Fernández Pazos, Ana Julia Harfuch e Asociación de Animales Abandonados Matilde Figueroa ou Apadam, debo absolver e absolvo a parte demandada sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, facéndolle saber que a xurisdicción competente é a xurisdicción civil.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá

terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deben consignar a ademáis a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación Protectora de Animais Abandonados-Apadam, expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de novembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado