Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (632/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 632/2001, seguidos por instancia de Marcos Antonio Manteiga Montes, contra empresa José Manuel Vilas Barallobre, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 10-12-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Marcos Antonio Manteiga Montes, contra a empresa José Manuel Vilas Barallobre, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 710.555 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante esta Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 632-2001 do BBVA desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Manuel Vilas Barallobre, expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado