Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 29 de novembro de 2001, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan especial da zona portuaria de Vilagarcía de Arousa e conseguinte modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactada polo enxeñeiro director da autoridade portuaria e promovida pola autoridade portuaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Pleno da Corporación Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do último dos anuncios no DOG ou BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da resolución expresa do citado recurso. Se a resolución non fora expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición; sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Vilagarcía de Arousa, 3 de decembro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde