Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial Quirós (expediente 5254/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de novembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por José María Alonso Acuña (docs. 74766 e 75346), José Manuel López Fernández (docs. 74768 e 75348), Francisco Santomé Otero en representación de Progresistas Vigueses (doc. 75601), José Manuel

Fernández López en representación de Hormigones de Galicia, S.A. (doc. 75686) e Eduardo Canabal Sanz (doc. 75688) durante o trámite de información pública practicado neste procedemento, polos motivos sinalados na parte expositiva desde acordo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan parcial SUP-PP1-Quirós (Sárdoma), promovido pola entidade Miraflores, S.A. e redactado polo arquitecto José Herrero García, na súa versión definitiva, visada polo COAG o 5-11-2001 (docs. 1 e 6) e no 28-6-2001 (resto dos docs). Expediente 5254/411.

Terceiro.-Para os efectos deste acordo condiciónanse suspensivamente á constitución dunha garantía suficiente en favor do concello polo importe de 23.058.000 pesetas (138.581,37 euros), correspondente ó 6% do orzamento das obras previstas de urbanización.

Cuarto.-A propiedade deberá asumi-lo mantemento dos novos espacios libres e verdes cedidos ó concello. Para tal fin, os predios resultantes do proxecto de compensación, tarán a carga real de conservación dos ditos espacios libres e zonas verdes de nova creación. Terá tamén que se constituír unha entidade urbanística colaboradora de conservación.

Quinto.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG. Publíquese o texto da normativa urbanística e ordenanzas do plan parcial no BOP, con remisión de copia do expediente á CPTOPV da Xunta de Galicia nos termos regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG). Notifíqueselle-lo contido íntegro deste acordo ós propietarios incluídos no ámbito do plan parcial e ós alegantes.

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que a normativa e as ordenanzas de aplicación serán publicadas no BOP.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 26 de decembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo