Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, en soar sito entre a rúa de Madrid e baixada á praia de Lavapanos da vila de Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 27 de novembro de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, con referencia a soar sito entre a rúa de Madrid e a praia de Lavapanos da vila de Sanxenxo.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 4 de decembro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde