Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle presentado por Solvida Sanxenxo, S.L. e Marcelo Radío Esperón, para modificación de aliñacións en soares situados na rúa Progreso, esquina á dos Cesteiros da vila de Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión realizada o día 20 de novembro de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Solvida Sanxenxo, S.L. e Marcelo Radío Esperón, para modificación das aliñacións de dous soares propiedade dos solicitantes, sitos na vila de Sanxenxo, na confluencia da rúa Progreso e rúa dos Cesteiros, segundo a nova documentación achegada ó expediente que xa estivo de manifesto ó público.

Exponse novamente o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formula-las alegacións que coide procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 28 de novembro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde