Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

EDICTO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ponte Caldelas e sometido a coñecemento do Pleno, en sesión extraordinaria do día 29 de novembro de 2001, de acordo co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública plo prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, así como a publicación do correspondente anuncio nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que se consideren procedentes.

Ponte Caldelas, 3 de decembro de 2001.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde-presidente